Día 9: Día no Aquapark de St Neots

Boa noite familia!

Comezamos coas nosas classes regurales na academia e á 13 marchamos nun bus rumbo ao aquapark.

Ao chegar ao río, os traballadores do recinto comunicáronnos que a nosa reserva non era nese lugar e é que na nesta area hai varios parques acuáticos moi preto uns doutros!

Tivemos que chamar ao conductor para nos viñese buscar de volta, menos mal que a calor deunos hoxe unha pequena tregua.

De novo no bus, esta vez si que chegamos ao lugar correcto que ademáis, era moito máis grande que o primeiro.

Entramos nos vestiarios e nos cambiamos rapidamente para poñer os chalecos salvavidas e saltar á auga.

Antes de entrar na auga

Pasámolo tan ben nos inchables que se nos fixo curto de máis o tempo de baño.

Unha vez rematada a actividade

Volvimos cambiarnos e subimos por terceira vez ao bus que nos deixou en Market Square onde nos despedimos até maña.

Javi e Ana.

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *