Día 6: de St Neots a Londres

Boa note familias!

Comezamos o día de hoxe na estación de tren para poñer rumbo a Londres.

O grupo na estación de tren de St Neots

A nosa guía de hoxe foi Fran, unha das profesoras na academia. Como distintivo, levaba un paraugas de arcoiris pero, con tanta xente, as veces facíase dificil seguila.

Chegamos sen novidade a St. Pancras Station donde nos montamos no tube para chegar ao centro de Londres.

Parte do grupo no metro de Londres

Xa a pleno sol e con moi bo tempo na capital londinese, comezamos a nosa visita pola cidade na que nos cruzamos con varios grupos do programa.

Pasamos polos espazos máis coñecidos da cidade como London Eye, Big Ben ou Westminster Abbey até chegar ao Buckingham Palace.

Foto do grupo do London Eye de fondo

O grupo en fronte do Buckingham Palace

 

Comimos nos xardíns de St James PArk, ao lado do lago e despois, puxemos rumbo a Govent Garden, unha zona de ocio e compras onde is rapaces tiveron tempo libre antes de marchar

Volvimos coller o metro até a estación de tren onde nos tocou tocou agardar un pouco máis do previsto polo tren para volver a casa onde as host families nos viñeron buscar directamente á estación.

Grupo de rapaces no camiño de volta á estación de tren de King’s Cross

Remata así a nosa primeira excursion de día completo e a semana en St Neots.

Mañá os rapaces teñen o día libre para pasalo coas súas familias polo que nos reencontraremos xa o luns.

Esperamos que teñades moi bo finde en Vigo.

Javi e Ana.

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *