Día 5: Cine en St Neots

Boa noite familias!

Comezamos o día ás 9 da mañá coas nosas clases na academia. A profesora Fran presentounos a cidade de Londres a través dunha serie de presentacións coas que puidemos familiarizarnos un pouco máis co destino da nosa primeria excursión de día completo.

Xa pola tarde, tivemos un día máis tranquilo no que quedamos na academia para a actividade da tarde que consistía en ver un filme. Por elección do grupo, vimos Bohemiam Rhapsody, a película biográfica sobre a historia da banda Queen e, particularmete, da vida de Freddie Mercury. Para acompañar á película comimos palomitas e chocolate ainda que este último quedou máis que nada derretido coa calor.

Preparándonos para ver o filme

Durante a proxeción de Bohemiam Rhapsody

Despois da película, fixemos tres roldas de preguntas sobre cultura británica nas que houbo un empate e un último duelo entre os representantes dos equipos coas puntuacións máis altas.

Completando o quiz por equipos

Pregunta de desempate

Equipo gañador cos premios

Completando o quiz por equipos

Finalizamos así a nosa primeira semana de clases con moitas ganas de ir mañá a visitar Londres.

Contarémovos mañá máis sobre a nosa viaxe á capital.

Javi e Ana.

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *