Día 4: Deportes en St Neots

Boa noite familias!

Pasamos xa a metade da primeira semana co día de mercado en Market Square. Durante todo o día estiveron na praza diferentes postos con froitas e verduras, libros e discos, plantas e até hamburguesas.

Durante a mañá seguimos o noso horario habitual de clase pero baixamos a explorar este mercado cunha check-list para completar. Un grupo de rapazas incluso deu unha pequena entrevista á BBC sobre a inminente dimisión do Prime Minister.

Grupo de rapazar completando a Check-List

Grupo de rapazar mirando os libros nun posto do mercado

Grupo de rapazas facendo a entrevista para a BBC

A hora da comida foi hoxe un pouco máis amplia co que nos deu tempo a descansar antes de poñernos en marcha cara o ximnasio.

Fomos andando guiados por Lucas, que nos levou ate One Leisure, un dos centros deportivos da vila. Unha vez aló, o primeiro que fixemos foi un pequeno xogo por equipos para calentar.

O grupo fai un xogo de quecemento

Seguidamente, dividímonos en dous grupos e, mentres algún xogaban ao fútbol na pista exterior, outros foron dentro a practicar bádminton.

Grupo de rapazas xogando ao bádminton

Grupo de rapazas xogando ao bádminton

Grupo de rapaces xogando ao bádminton co activity leader

Tivemos un día bastante activo e con moi bo tempo para exercitarnos.

Rematamos así o xoves con ganas de seguir explorando e divertirmonos por St Neots e os seus arredores.

Até mañá pola noite.

Javi e Ana.

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *