Surviving to London

Bo día familias!

Onte foi o día que moitos dos nosos rapaces e rapazas estaban esperando, tocou visitar Londres. Ás oito da mañá reunímonos con todo o alumnado, incluído o outro grupo que está tamén aquí en Eastbourne, na estación de tren local, onde agardaba por nós Amelia para comezar o noso viaxe cara a capital. Collemos o tren sen ningún problema e despois de aproximadamente hora e media de viaxe chegamos á estación de London Bridge, alí xa agardaba por nós Holly, que sería a nosa guía. A primeira parada foi o famoso Tower Bridge, onde os rapaces sacaron a súa vea máis artística para sacar numerosas fotos. Tamén vimos o concello e ao outro lado do río había una castelo, sobre o cal Holly nos contou numerosas historias.


Unha vez vista esta zona de Londres, collemos rumbo cara o Buckingham Palace e xa nos dispuxemos a comer no St James Park situado ao lado. Despois da comida fomos a Trafalgar Square, onde os rapaces desfrutaron por fin do seu amado tempo libre.


Despois de dúas horas de compras e visitas, toca volver á casa e aquí é onde comeza o noso mal de ollo. Collemos o metro para dirixirnos á estación de tren, era hora punta e os vagóns ían a rebentar. Unha das nosas estudantes conseguiu meterse nun vagón pero as portas pecharon e ninguén máis puido subir con ela. Menos mal que temos o mellor grupo do mundo, porque estivo atenta ás explicacións da nosa guía e baixou na parada correcta. Despois de reunirnos todos de novo corremos para chegar ao tren, pero era demasiado tarde e tivemos que esperar ao seguinte. Unha vez dentro todo parecía ir ben… ata que o tren sufriu unha avaría e tivemos que baixar. Despois dunha longa espera collemos un bus urbano cara a estación anterior, onde collemos outro tren cara Eastbourne. Pero a nosa aventura non remata aí. Por motivos que aínda descoñecemos ese tren acabou desviándose da súa ruta e acabamos en Brighton, onde tivemos que agardar a outro tren máis, o último do día, que nos levase á casa e as nosas ansiadas camas. Chegamos a Eastbourne ás 11:45 da noite, menos mal que a coordinadora local estaba agardando por nós e chamou a algúns taxis para que nos levaran ás nosas casas.
Foi un día que rematou da peor maneira posible, esperamos que os rapaces e rapazas o pasaran ben en Londres e que esta última mala experiencia non opaque a experiencia de ter visitado unha cidade tan fermosa.
Hoxe tócanos descansar e xa veremos o que nos depara o futuro mañá.
Ata a vista, familias!

avatar

Andrea Fernandez Gonzalez

Un pensamiento en “Surviving to London

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *