Neath – 25 September – Old school


Día de partida, día de aeroporto, toca madrugar para estar no aeroporto ás 6.30… parece que foi onte, pero é un presente para este grupo de estudantes do colexio Cluny en Swansea. Toca madrugar pero en vez de coller o avión toca estar ás 7.10 na estación de bus de Swansea, o cal significa que hai que coller outro autobús antes.

7:18

Na desesperación de non saber a ruta, o autobús que nos leva ao centro escolar sae ás 7.40 e así durante os días vindeiros de clase. A viaxe faise larga e máis cando un non sabe a onde vai, parada do bus en Neath (estación de bus) para continuarn 6 paradas máis no mesmo bus.

Unha vez que baixamos estanos esperando Miss Alison Ballantine a profesora de francés, que nos guía ata o centro, o cal non precisamente está cerca da parada máis ben lonxe (ou esa é a sensación do primeiro día), e mási cando caen dúas gotas de auga que mollan coma en Galicia, se ben menos fal que foron literalmente 2 minutos.

Vivamos como galegxs!!!

As clases comezan ás 9, pero os luns antes de comezar as clases xuntan ao alumnado do centro antes das clases para darlles unhas indicacións para a semana. E onde amáblementte o director aproveitou para dar a benvida ao grupo.

A primeira hora de clase consistiu en entregar horarios, repasar normas e unha ronda de recoñecemento do centro. E cá mesma a segunda hora viron os buddies para levar a cada un/ha de nós a clase correspondente. Nas clases coinciden ao menos 2 ou 3 do grupo ná mesma asignatura, deste xeito teñen unha cara familiar para preguntar e descifrar o que dín o profesorado e demáis estudantes.

Os días que hai actividades (luns, mércores e venres) pola tarde en vez de finalizar as clases ás 14.55, saltamos a última clase para chegar a tempo á actividade da tarde, polo que ás 13.55 finalizan a actividade escolar tendo que esperar un pouco para coller o bus pero desta vez a parada esta enfrente do centro escolar. En realidade toca coller dous buses para chegar á estación de buses de Swansea. O bo é que ás 15.20 estamos en Swansea e podremos contar sempre cunha media hora para despexar a cabeza e repoñer enerxía, por moito que pasen as edicións do PILI Vigo son da vella escola, aquela a cal a comida nunca lles chega.

As actividades das tardes se fan en conxunto có grupo de Port Talbot, os cales ao contrario veñen xusto de tempo para o comezo da actividade ás 4.

Directos ao Waterfront Museum, museo como dí Emma, a guía, que serve para coñecer a cidade de Swansea, Como cidade costeira hai unha zona dedicada aos medios de transporte marítimos, e outras zonas onde se representa outros medios de transporte, a industria, os deportes, as personaxes máis relevantes etc. Dependendo do punto de vista e da idade pois ata é interesante.

Alguén con gañas de conducir? Coidado !!! Conducir polo carril da esquerda.

avatar

Marcos Villaverde

Un pensamiento en “Neath – 25 September – Old school

  1. Marcos, muchas gracias por el blog, nos mantiene muy bien informados!! Mi realimentación es que tod@s están encantados con el viaje.

    Saludos, Loli

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *