EPSOM, 29 October – Day 22 – Back to Vigo

O obxetivo volver a Vigo sen incidentes.

Punto de encontro Cobham Free school ás 7.30 a.m., algúns dos nosos rapaces chegaron máis tarde e estábanse pondo dos nervios porque o taxi non chegaba, tranquilidade que para algo estábamos saíndo con moito tempo de antelación para este tipo de imprevistos.

No bus como aos nenos e nenas pequenas houbo que ir un por un a revisar que se puxesen os cinturóns. Teñen moito papo para escusarse do uso do cinturón, teño un vídeo que vale ouro pero voumo gardar.

O vó compartímolo cós grupos de CHESSINGTON, COBHAM e EPSOM ROSEBERY. No caso de COBHAM a relación foi máis estreita xa que unha das compañeiras monitoras, Alicia, tivo que voltar a España por razóns persoais. Polo cal houbo días que deixamos que se xuntasen os dous grupos, pero lembrade que cada decisión ten a súa consecuencia. Foi un pracer tanto axudar e coñecer as rapazas e rapaces de COBHAM, coller tamén se lles colle algo de cariño pero tamén chegan a ser “intensas”.

Ademáis de facer mención  a Bieito na entrada de onte, e a Alicia no de hoxe, quero facer mención aos demáis monitores Alejandra, Ana, Luis, Miguel e Noemi, un gran equipo de monitores primerizos que se atoparon con máis incidencias dos que me atopei eu xuntos nas 2 edicións anteriores de PILI Vigo que levo ás espaldas. Á organización aquí nesta edición “mrym”, para aclarar término preguntarlle os rapaces cal é o antónimo de “ntr”.

Retomando a viaxe, e a pesar do madrugón, todo saiu ben, as esperas non foron longas, nin os tempos mortos longos. De feito houbo rapaces que tomaron fotos de nós, os monitores, nunha cadea de fast food dentro do aeroporto de El Prat, case podo decir que foi o máis notable do día pero dado que os reporteiros gráficos non fixeron chegar as probas non podo compartir semellante momento histórico.

Antes de subir ao vó Barcelona – Vigo ao lonxe algún dos rapaces, non lembro quén, pediunos que nomeásemos ao máis guapo, listo, etc do grupo, pedinllo por escrito e dado que non me chegou non podo deixar constancia no blog, acción – consecuencia.

Despois de virse arriba os 4 grupos ao aterrizar en Peinador, tocou recoller maletas e no caso do grupo facer a entrega dos diplomas.

A foto máis esperada despois de 3 semanas de traballo ver como se pecha a porta de saída, e quedarse uns intres a soas. No meu caso a terceira foi a vencida, obxetivo cumprido, ningún incidente na viaxe de volta. UEPAAA!!!

GAME OVER PILI VIGO 2022

Agradecer a todxs xs pais e nais por vir a recoller aos vosos fillos jajaja.

Agradecer aos pais que vos acercástendes a saudarnos a Bieto e a un servidor,  e de agrado que tamén vos acerquedes a xunta nós.

Agradecer aos rapaces e as rapazas de Cobham polas mostras de cariño mostrado neste día, a pesar de estar eu en modo Border Line, porque sodes moi moi moi moi moi moi pesados e pesadas…das…das…das. A pesar de insistir non vos vou aceptar en IG ata que vaiades á universidade, sigades en contacto con Bieito e conmigo pero sen raiar, me felicitedes polo cumpleanos, e demáis trabas para non aceptar a vosa solicitude, atentamente Master Marcos.

Whatsapp Bieto (domingo 30) :“Chicos, un placer haber estado con vosotros estas semanas, encantado de conoceros a todos, y de aprender cómo mejorar en mi profesión con los ‘Gangs of Kingston’. y por qué no decirlo, de ver que aún quean cosas por hacer en este mundo. Un abrazo muy grande a todos. P.D. Estais todos a tiempo de hacer con vuestra vida lo que más os guste; los sueños, con esfuerzo, trabajo, constancia y un poco de suerte, tambiéns e cumplen. Palabra de Gatusso”.

Reflexión de Marcos (domingo 30): “Para mín como adulto a cargo de 23 rapaces podo esixir como calquer pai, quero ver actitude, compromiso, responsabilidade e respeto porque eu tamén me comprometo a elo, que aproveitedes esta experiencia de 3 semanas que é única. Como o neno/teenager que levo dentro quero pasarmo ben, ser parte do grupo, xogar, socializar, coñecer sitios, pero todo con certos límites. Non o conseguimos. Inconscientemente neste grupo funcionou como grupo non houbo fisuras entre vós, cumpristendes con nota nas excursións de fin de semana (puntualidade e sudadeiras postas). P.D. Non fai falta que sigades chequeando a golpe de domingo”.

A pesar de non cumprir e redactar algunha vivencia ou descripción tal como comentei o primeiro día no aeroporto de Peinador aquí deixo inmortalizado os seguintes datos:

Nome do grupo de whatsapp rapaces: PALO TAI. Nunca se viron 24 administradores nun grupo de 25. Ata que por decisión de sabotear ao grupo os monitores elimanaron a todos excepto ao administador orixinal. Nome orixinal do grupo PILI VIGO 22.

Nome grupo de whatsapp monitores e rapaces (administradores Bieito e Marcos): GANGS OF KINGSTON. Ante a dinámica de “eliminar mensaxes para todos” por parte dos rapaces e logo dos monitores ante contido non apropiado, chegou na última semana a combinación de “enviar mensaxes só administradores” para silenciar o grupo pola noite, pero sempre hai quen ten que reaccionar ante todo, e “enviar mensaxes todos os participantes” durante o día. Número de archivos 343.

Nome grupo de whatsapp monitores e rapaces (onde só podían escribir monitores): Master & Master. Para as mensaxes importantes sen necesidade de respostas (nin raccións).

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *