Día 3: Excursión a Peterborough

Boa noite famílias!

Comezamos o segundo dia en St Neots na escola ás 9 da mañá. Algúns rapaces estiveron practicando diálogos e aprendendo frases para comunicarse coas súas Host Families mentres outros repasaban os tempos verbais e aprendían novo vocabulario.

Grupo de rapaces xogando a un xogo de mesa para unha das clases

Grupo de rapazas xogando a un xogo en clase

Para a comida, un grupo deles volveu ao parque mentres ca outros preferiron quedar na zona de Market Square xa que tiñamos para marchar rápido cara a estación de tren.

A nosa guia para o día foi Karina, quen nos levou até a estación onde collimos un tren en dirección a Peterborough, unha cidade a média hora de St Neots que conta con, aproximadamente, 200,000 habitantes.

O grupo ao completo esperando ao tren no andén da estación

Un grupo de rapazas no tren rumbo a Peterborough

Grupo de rapazas no tren rumbo a Peterborough

Unha vez aló os rapaces tiveron a misión de completar un Photo Quiz de 25 tarefas. Algunhas destas probas incluían atopar un coche verde, un insecto ou unha rúa que comezase coa letra C. O grupo máis rápido foi o ganador e tivo como premio uns bombóns e unhas libretas moi British.

Grupo ganador do Photo Quiz cos premios

Despois disto puideron desfrutar de tempo libre para explorar o resto da cidade e facer algunha compra si así o querían.

Con isto rematamos o noso primeiro día de excursión, collendo o tren de volta cara St Neots para ir cenar coas nosas familias.

Vémonos mañá!

Javi e Ana.

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *