Día 8: Trampolining en St Neots

Boa noite familia!

Despois do domingo libre para pasalo coas nosas host families, comezamos a nosa segunda semana en St Neots.

Pola mañá tivemos as nosas clases regurales con ventiladores e as fiestras abertas xa que estamos pasando unha onda de calor que durará toda esta semana.

Despois de comer, collimos o bus cara o espazo da actividade desta tarde xa que facía demasiada calor para camiñar baixo o sol co noso activity leader de hoxe, Dan.

Camiñando ate o parque

No bus de camiño á actividade

Chegamos ao espazo de xogo chamado Extreme 360, un espazo de ocio no que facer trampolining isto é, unha sala na que o chan estaba cuberto por colchonetas para saltar.

Na zona de dodgeball

Na zona de dodgeball

Na zona de dodgeball

Ademáis de saltar tamén xogemos ao brilé ou dodgeball, baloncesto, aeroball ou simplemente saltamos a unha piscina acolchada.

Na piscina de bloques de espuma

Xogando ao dodgeball

Facendo uns mates na canasta

“Pelexa” na barra de equilibrio

Foi unha tarde tan divertida como cansada polo que semella que os nosos rapaces van durmir hoxe moi ben.

Descansando un pouco nas colchonetas

Até aquí o noso luns.

Javi e Ana.

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *