Día 10: Piscina en Peterborough

Boa noite familias!

Hoxe tivemos clases na academia e, ademais das clases normais, os nosos rapaces comezaron a organizar os seus proxectos en grupo de fin curso. O primeiro paso para facelos foi dar unha volta pola vila fixándose nos comercios locais.

Dous grupos camiñando por St Neots

Despois de comer dirixímonos á estación de tren guiados por Raph para ir a Peterborough.

No tren rumbo a Peterborough

 

Pasamos unha tarde moi divertida na piscina municipal ndesta cidade na cal a agua tiña a temperatura perfecta para bañarnos. Ademáis, o complexo dispoñía dunha zona de merendeiros con mesas e un espazo con herba para tumbarnos e xogar ás cartas ou tomar o sol.

Peterborough Lido Outdoor Swimming Pool

Chegamos así á metade da nosa estadía en St. Neots, esperámovos mañá!

Javi e Ana.

 

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *