Día 1: Chegada a St Neots

Ola familias!

Xá estamos en destino despois dunha longa viaxe e con algunha turbulencia.

Comezamos coa saída dende Peinador cos rapaces ben cargados de cousas pero tamém de ilusión. Tivemos unha parada express en Barcelona na que case non nos deu tempo nin de ir ao baño.

Finalmente, chegamos todos a Londres onde nós despedimos dos outros grupos (vémonos á volta).

En Gatwich recollemos as nosas maletas e, á saída dos últimos controis recolleunos encontro de Carol, a persoa responsable de levarnos ao autobús.

Pensábamos que xá estaba todo feito, pero ainda nos tocou sofrer unha retención en carreteira até o punto de encontro en One Leisure. Alí agardabannos moi puntuais todas as familias, con moitas ganas de coñecerno.

Con esto, cada parella ou grupo de tres rapaces marchou coa súa familia anfitriona.

Aquí nos despedimos despois dun día bastante longo e agotador até mañá cedo para o primeiro día na escola.

Mandámovos apertas fortes dende St Neots.

Javi e Ana.

Grupo de St Neots en Peinador

Grupo en Peiandor

Parte do grupo esperando a embarcar en Barcelona

Parte do grupo no aeroporto de Barcelona

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *