Á bolera!!! (Peterborough 2022)

O xoves 7 de xullo, despois de xantar na catedral (coma sempre), Ben, un novo monitor, levounos en bus ata o destino.

A viaxe foi interesante canto menos. Peterborough entrando nunha ola de calor e Boris Johnson dimitindo… o bus estaba que botaba fume!!!

Cando chegamos, tivemos que camiñar durante 15 minutos xa que estes recreativos estaban un pouco afastados do centro urbano.

Hollywood Bowling sería o destino. Un espazo recreativo onde podías atopar dende a bolera, billar, máquinas de gancho ata xogos de arcade.

Fixemos catro equipos de sete e dividímonos nas respectivas pistas. Tiñamos dúas partidas cada equipo, e para algúns, o xogo estaba moi  loitado, pero para outros, como as monitoras, non había forma de remontar e fomos machacados dende o principio.

Cando as partidas remataron, o nenos dividíronse polos diferente postos de xogos da zona de arcade. Algúns trataban de coller un moneco ma máquina do gancho, outros xogaban ao hockey de aire e outros poñían en dubida as habilidades de conducción das monitoras mirandoas xogar ó Mario Kart.

Marchamos, e de camiño á parada dos bus o sol era abrasador e a espera foi longa, pero todos chegamos ben e cuns victoriosos nos bolos.

avatar

Lucía Del Río González

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *