LASER TAG EN PETERBOROUGH

O xoves 14 non tiñamos planeada esta actividade, pero foi unha das máis chulas sen dubida!!

Xantamos nun parque a dous minutos do lugar no que íamos pasar a tarde. Antes de ir, tiveron un partido de fútbol xuntos.

Cando xa era hora, recollemos todo e saímos cara os recreativos. Tivemos que esperar un pouco, pero por sorte, tiñan videoxogos no lugar e os nenos entretíñanse mentres agardábamos.

Unha vez puidemos entrar, puxeron uns chalecos do máis chulo, cunhas pistolas laser. (Aínda que houbo uns cantos que non sed eran de conta que a pistola podía sacarse do gancho.)

Xogamos catro partidas. Dous individuais, intentando eliminar a todos os oponentes, e outras dous en equipos, o equipo azul e o vermello. Alternamos o tipo de xogo para darlle máis gracia e estivo bastante divertido.

Ao principio estábamos un pouco perdidos, e non sabíamos como funcionaba moi ben, pero en canto lle colleron o tranquillo, eran imparables!

O chaleco falaba cada vez que era eliminado, para algúns (eu), había momentos que non calaba, xa que no momento no que revivía, alguén xa me matara de novo 🙁

Ía unha calor horrible, e bogando dentro, correndo para diante e atrás durante tanto tempo, saímos de alí mollados, pero bueno, no pasa nada porque o pasaron bomba e podíase ver nas súas cara, e con iso, qué máis da o resto.

PATINANDO SOBRE XEO!!! (Peterborough)

O martes 12 de tullo, de novo, da man de Lucas, fomos a patinar sobre xeo.

A calor que ía era tan forte que cando chegamos ao recinto, queríamos durmir no xeo un momentiño.

Unha vez alí, esperamos uns minutos ata que outro grupo entrase antes que no e despois puxeron os patíns, con moito trabalho, xa que o número de pé, en Reino Unido non é o mesmo que en España.

Dirixímonos ao meo e algúns, en canto puxeron un pe nel, quisieron dar a volta. A outra metade quixotismos sair cando se percatou de que non era como as pistas de Samil, cunha varanda para axudarse a dar voltas, pero contaban cos pingüíns dos nenos.

Empezaron a collerlle o tranquillo a iso de patinar e comenzaron a facer carreiras, competicións e xogos, e foi aí onde as caídas comenzaron. Había algún que no segundo no que se poñía en pé, caían de novo ao chan.

Acabaron cansos, coas meixelas vermellas cor carmín, feridas nos pés por non ter a vestimenta apropiada e unha, case volve sen perna despois de semellante trompazo que levou. Por sorte, todos están enteiros e ben.

Saímos e collemos o bus de volta á estación de buses e cada quen, colleou o seu para casa.

É así como remata unha das tardes más refrescantes ata agora.

Á bolera!!! (Peterborough 2022)

O xoves 7 de xullo, despois de xantar na catedral (coma sempre), Ben, un novo monitor, levounos en bus ata o destino.

A viaxe foi interesante canto menos. Peterborough entrando nunha ola de calor e Boris Johnson dimitindo… o bus estaba que botaba fume!!!

Cando chegamos, tivemos que camiñar durante 15 minutos xa que estes recreativos estaban un pouco afastados do centro urbano.

Hollywood Bowling sería o destino. Un espazo recreativo onde podías atopar dende a bolera, billar, máquinas de gancho ata xogos de arcade.

Fixemos catro equipos de sete e dividímonos nas respectivas pistas. Tiñamos dúas partidas cada equipo, e para algúns, o xogo estaba moi  loitado, pero para outros, como as monitoras, non había forma de remontar e fomos machacados dende o principio.

Cando as partidas remataron, o nenos dividíronse polos diferente postos de xogos da zona de arcade. Algúns trataban de coller un moneco ma máquina do gancho, outros xogaban ao hockey de aire e outros poñían en dubida as habilidades de conducción das monitoras mirandoas xogar ó Mario Kart.

Marchamos, e de camiño á parada dos bus o sol era abrasador e a espera foi longa, pero todos chegamos ben e cuns victoriosos nos bolos.

Ely (Peterborough)

O mércores 6 de xullo comezou cunha boa nova para todos os estudantes, pois neste día as clases remataron media hora antes para poder disfrutar dun pouquiño más de tempo en Ely, o noso destino do día.

Tras acabar con antelación as clases e coller o tren cara Ely, dirixímonos á casa de Oliver Cromwell a cal tivemos a oportunidade de visitar, onde aprendimos sobre a vida do que foi o “Lord Protector of the Commonwealth” dende 1653 a 1658.

Unha vez visitada a casa dunha das personaxes más importantes da historia inglesa, encamiñámonos á catedral de Ely, que se convertiu no noso punto de encontro para esta tarde.

Unhas voltas ás rúas principais despois, voltamos a estación de tren para coller aquel que nos levaría de volta a Peterborough.


Flip out! (Peterborough)

Botando pasamos a tarde deste martes 5 de xullo

Coma todas as mañás, de 9 a 12.30 os rapaces estiveron atarefadísimos nas clases e, ao finalizar, marchamos ao noso querido parque da catedral para tomar os noso “pack lunch” (dependendo de a quen preguntedes estes vos dirán que están moi bois ou que o qu

Á 13.30 deste día Lucas recolleunos no parque da catedral e así comezou a nosa andanza ata a un dos nosos puntos de encontro (a estación de bus), onde nos subimos naquel autobus que nos levaba á nave que nos alegraría a tarde a todas e todos.

Tras chegar a “Flip out!” e poñernos uns calcentíns que ben servirían de chaleco reflectinte (sen esquecer as preguntas a voces sobre cal era a nosa talla de pé en UK), avalanzámonos sobre as colchonetas e os diferentes “cachivaches” que había dentro da nave.

ESCAPE ROOM!!! Peterborough 2022

Este luns, despois de cantarlle parabéns para ti a unha das nenas, Karina guiounos ata o “Escape Room” onde fixemos grupos e tivemos unha hora para descifrar como saír da habitación na que nos atopábamos pechados.

O reloxo baixaba moi rápido e había moito estrés dentro da habitación pero todos os equipos fixérono súper ben.

Cando os 60 minutos remataran dous dos cinco equipos conseguiran saír.

Despois da celebración, gozamos de tempo libre, onde algúns aproveitaron para ir ao Primark, mentres outros daban un paseo ou tomban algo no centro da cidade.

Londres (Grupo Peterborough)

Londres foi… unha viaxe intensa canto menos

O noso día xuntos comezou na estación de tren de Peterborough, dende onde emprendemos o noso camiño ata Londres.

Unha vez puxemos os pés na estación de King’s Cross e tras facerlle unha visita ao andén do noso amigo Harry Potter, comezou a nosa marcha pola cidade que nunca descansa (coma nós nesta viaxe) durante a que pasamos por varios dos máis significativos monumentos londinenses (London Eye, Big Ben, Westminster Abbey ou 10 Downing Street foron algúns dos lugares que visitamos)

Tras un rápido xantar, dirixímonos a Covent Garden onde os rapaces puideron desfrutar de tempo libre para visitar algúns dos sitios que lles interesaban, e facelo ao seu ritmo.

Vistas todas as cousas que este sábado se podían ver sen dar moita volta (pois moitas rúas cortáronse para celebrar o Pride!🏳️‍🌈), voltamos todos xuntos dende a estación de Totteham court Road ata St. Pancras International onde collimos o tren de volta ao noso querido Pedro Burgo.

Busca do tesouro!

O venres 1 de xullo coñecemos a Lucas, un dos monitores nativos que nos ía acompañar ata Stamford para xogar á busca do tesouro.

Cando chegamos, dividímonos en grupos e, cun mapa e pistas, camiñamos por toda a cidade.

Cada vez que descubrían unha das pistas que os achegaba ao tesouro, tiñan que facer unha foto, as cales formarían parte dunha competición xulgada polos monitores.

Os grupos coas tres mellores fotos recibirían unha bolsa de doces.

Foi unha busca bastante traballosa, e ningún dos equipos foi capaz de atopar a fortuna agochada, sen embargo, para aqueles que o tesouro era os cochazos que se atopaban na cidade de Stamford, triunfaron dende o primeiro momento.

Ó final, tivemos un moi bo día coñecendo a cidade de Samford con este divertido xogo.

Golfistas

O xoves, Karina levounos a Pitch and Putt Orton Meadows para xogar ao golf.

Collemos dous paus e bolas cada un, dividímonos en grupos e esparcímonos por todo o campo.

Cando comezamos, a maioría golpeaba o aire ou facía un buraco no chan. Algúns incluso perderon as bolas, pero a medida que o curso avanzaba, podíanse observar grandes melloras.

Un par de estudantes parecían dominar un pouco mellor o deporte, e cunhas técnicas un pouco (bastante) graciosas, axudaron aos compañeiros.

Cando este rematou, tiñamos 25 golfistas profesionais e 25 adolescentes cansos de correr polo campo, pero foi unha actividade que rompeu expectativas, xa que, ao principio eran remisos a xogar e hubo un par de caras longas cando se deron de conta de que non era mini golf, pero ó final, cando se lles preguntou se querían marchar antes, todos dixeron que non e xogaron ata o último momento. Xusto a tempo para saír correndo e coller o bus.

Unha catedral e un museo. Peterborough.

O mércores 29 foi o noso primero día de “turisteo” pola cidade.

Despois de un primer contacto coas profesoras na escola, dimos un paseo todos xuntos ata Stanley Recreation Park, onde xantamos todos baixo un sorprendente sol británico.

Deixamos repousar a comida e Karina, unha das nosas monitoras locais, levounos á catedral de Peterborough e ao museo de historia e arte da cidade. A primeira planta deste estaba dedicada ó equipo de futbol local e foi sen dúbida un atractivo para moitos deles.
Tras descubrir o resto de plantas, o grupo quedou divido entre aqueles que desexaban baixar de novo para ver a cosas de futbol e os que estaban “living” cos xogos interactivos que o museo proporcionaba.

Tras unha hora de tempo libre, onde moitos descubriron o seu amor incondicional pola tenda “Poundland”, voltamos ás estacións de tren e bus onde cada un tomou o seu transporte de volta a casa.

É así como rematan as nosas primeiras andanzas pola cidade de Peterborough.