Ola xentiña 🙂
Aquí estamos un día máis loitando contra a ola de calor en Europa que vós os pais xa pasastes recientemente, pero que nós aínda experimentamos agora. Aínda por riba marcharon os franceses e foi algo triste e estraño, xa que os rapaces notaban a falta do ruído que facían eles nas aulas e nas súas casas.
A idea orixinal de hoxe tratábase de visitar un molino en funcionamento, pero o noso traxecto facíase a pé e as temperaturas eran tan extremas, que ao final tivemos un cambio de programa e rematamos indo ao minigolf, cousa que compraceu moitísimo aos rapaces.
Puideron escoller eles con quen ía xogar, iso máis o efecto de que había aire acondicionado…xa foi o máximo, por suposto. Ao cabo dunha hora empezaron a chegar os primeiros grupos: algúns estaban contentos, outros algo máis cansados (xa que o percorrido total consistía en 18 ocos), outros aínda tiveron a sorte de gañar una ronda gratis! En xeral quedaron todos satisfeitos coa actividade, polo que a nós púxonos tan contentas coma se tiveramos xogado e todo jej.
Saudiños a todos
Noe e Aida