Xoves 11, London Eye

Eltham

Boas noites Vigo…e boas noites familias!

Aquí estamos un día máis comenzando xa a conta atrás para a volta á casa.

Por aquí as cousas seguen coma sempre. Hoxe a actividade da tarde consistiu en visita-la beira do Támesis para acudir ó mercadillo navideño de Southbank. De paso poidemos ver de preto o London Eye. E aínda que non subimos, as vistas pagaron a pena, porque ademais de que a noria estaba iluminada con bombillas azul xeo, o ambiente era moi tranquilo e a cidade víase moi bonita  co Big Ben e o Parlamento Británico, iluminados tamén ó outro lado do río.

IMG_20141211_233605

IMG_0223

IMG_0272

O mercadillo de Southbank é un dos moitos mercados que copan Londres en Nadal, e que ofrecen productos variados de artesanía, comida ( churros con chocolate, pan de xenxibre, sidra quente, queixo francés, etc.) e decoración navideña. Tivemos tempo de dar unha volta por alí, ver os diferentes postos, disfrutar das vistas, tomar un café quentiño e volver xustiñas a  Eltham para a hora da recollida….porque mañán volvemos a Londres a visitar Harrods.

Deica mañá a todos,

As monitoras.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *