11 de decembro, visita ao museo

THORPE ST ANDREW

Bos días familias,

Xa se van acabando os días no instituto e cada vez dános máis pena despedirnos dos nosos buddies. Xa nos sentimos como un máis no instituto. E temos sentimentos encontrados ao pensar na volta a Vigo.

Porén, mentres tanto seguimos aproveitando os días por Norwich. Hoxe tocou visita ao museo para coñecer máis a fondo a historia da cidade de Norwich. Este é un museo interactivo, onde podemos probar vestidos e faldas da época dos 60, ata sombreiros, zapatos, etc.

María, Ramón, Tomás e Irene muy sixties

María, Ramón, Tomás e Irene muy sixties

Rocío, Irene, Martín e Tomás coas súas mellores galas

Rocío, Irene, Martín e Tomás coas súas mellores galas

Moitos disfrutamos moito creando o noso outfit perfecto.

Antón moi guapo co primeiro que atopou

Antón moi guapo co primeiro que atopou

Dani Barbosa campando co seu vestido novo

Dani Barbosa campando co seu vestido novo

Pasámolo bomba escoitando cancións da época e aprendemos moitas cousas que non sabíamos, coma a da fábrica de chocolate de Norwich, que é actualmente un centro comercial ou que Norwich chegou a ser a segunda cidade máis importante de Inglaterra. Cada día aprendemos unha cousa nova e melloramos o noso nivel de inglés da forma máis divertida 😉

Saudiña familias 🙂

2 pensamientos en “11 de decembro, visita ao museo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *