WONDFORD 26/09/2017 – JUST DANCE

Bos días familia!!

Aquí xa estamos na nosa salsa…  Estamos máis que acostumados a estes horarios, e aínda que o corpo encóntrase algo cansado polos madrugóns, toda esta experiencia mantennos con moita enerxía e disfrutando moitísimo.

Pola mañá no colexio tivemos diferentes asignaturas (matemáticas, ciencia, geografia…) Algúns de nós quedamos sorprendidos pola cultura xeral que teñen Xs rapaces e rapazas deste colexio.

De tarde, xa despois de tomar o lunch, tivemos unha actividade para bailar. Fixemos algúns xogos iniciais e despois…. A BAILAR!!! Unha coreografía bastante simple coa música de Justin Timberake, para que todo o mundo puidera seguila.

baile

Se queredes ver os nosos movementos espectaculares, tedes algúns vídeos no seguinte enlace:

https://www.flickr.com/photos/newlink/collections/72157689320060475/

baile-2

Ó rematar todXs para casa a cear e LIBRES!

Grazas por leer o noso blog…

Un bicazo familia!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *