Último fin de semana en Eltham

ELTHAM

Boas noites familias,

Esta última fin de semana foi bastante completa. Comezamos o sábado cunha excursión de todo o día o mercadillo máis famoso de Londres, o Camden Market. Moitas das rapazas estiveron esperando este día con impaciencia, polo que contiveron os seus gastos para poder comprar a gusto e sen preocupacions moitas desas cousas que non poden  adquirir en España. Ata aprenderon a regatear os prezos. Explicaremosvos que con respecto a súa historia, o mercado de Camden está actualmente emplazado nos antigos establos utilizados para a recuperación dos cabalos da época Victoriana, e hoxe en día estes mismos establos serven como refuxio para as tendas vintage e os artistas da rúa. Tamén ten unha parte adicada a comidas de todo o mundo. E a modo de homenaxe, dende hai pouco tempo, pódese atopar alí unha estatua de Amy Winehouse, residente no barrio de Camden e habitual das súas rúas.

IMG_0003

IMG_0014

IMG_20141214_224100

O domingo encendimos o chip de cuturetas e pasamos o día no Museo Británico, para dar a oportunidade a aquelas que o quixeran de revisitalo con máis tempo. Parte do grupo preferiu quedar na casa descansando e recuperandose dos resfriados.

IMG_0038-1

Mañá iremos a despedirnos de Londres, pasando o día na cidade.

Un saúdo, as monitoras.

2 pensamientos en “Último fin de semana en Eltham

  1. Los domingos, en teoria, Las chicas tienen libre para estar con las familias y vosotras, las monitoras, para descansar y dedicarlo a vuestras cosas. Muchyas gracias por prescindir de vuestro tiempo y vuestro descanso de los domingos y organizar visitas para las chicas, tan interesantes como la de ayer al museo britanico.
    Saludos.

    • Gracias por acordarte de nosotras, pero pensar en que las niñas aprovechen su estancia aquí también forma parte de nuestro trabajo. De todas formas le dimos la oportunidad a la que quisiera de quedarse con su familia.

      Un saludo, las monitoras

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *