ST FRANCIS LETCHWORTH – CHEGADA E PRIMEIROS DÍAS

Ola familias!! Que alegría poder escribir o primeiro blog de moitos!!

Como xa sabedes chegamos sanas e salvas a Letchworth e estamos a facernos o noso oquiño e entendendo este lugar.

Cóntovos un pouco por días como foi indo:

SÁBADO

Como ben sabedes chegamos nerviosas ó aeroporto e despois de facturar (algunhas como Iria cambiando maleta) e sacarnos fotos co alcalde dirixímonos á porta de embarque.

A viaxe en avión foi con poucas turbulencias e iso agradeceuse (que algunha estaba cagada ajajaj)

Unha vez alí, veu recollernos ó aeroporto Cristina, de Inmersión UK. E xa estaban alí dous minibuses para levarnos ata o instituto. A viaxe foi curtiña, 45 min, aínda que coas ganas que tiñamos de chegar todo ía ser eterno…

Alí déronnos cea ó chegar e repartímonos nas habitacións. Mañá ía ser máis e mellor.

DOMINGO

O noso primeiro almorzo foi suaviño, un pouco de bollería con pasas (que algunhas pensaron que era chocolate e levaron decepción), tostadas e leite con cereais.

Fomos coñecer o pobo/cidade de Letchworth e xa houbo quen mercou todo o que viu e máis (ejem Carmen ejem). Descubriron o paraíso do Poundland, a tenda na que case todo ronda 1 pound.

Voltamos o internado para comer (primeira comida inglesa!!)

fixádevos en como evitan coller verdura jajaja

e pola tarde déronnos unha charla sobre as normas e ensinaronnos o internado. Aquí as vedes preparadas para o meeting:

O mellor de todo foi esa sala común con tele xigante. Nada máis rematar o tour xa puxeron a primeira peli!!!

Parecían bebés!

Despois de cear tivemos ping pong e case todas decidiron facelo en pixama.

E aquí si que, como digo eu; pis, dentes e para cama que o día seguinte era PRIMEIRO DÍA DE CLAAASEEE.

LUNS

Almorzamos forte pola mañá á inglesa: ovos, beans, tostadas, pataca…


E logo a maioría das buddies, as que serán as súas compañeiras inglesas viñeron buscalas, xunto a titora do seu ano. Están repartidas en year 9,10 y 11.

Nerviosas antes de coñecer ás compis

Aquí xa falando coas buddies

Adentráronse en diferentes aulas, que si arte, bioloxía, matemáticas, historia e reforzo de inglés (que non podía faltar).

Saíunos artista!!!

Fixeron unha pausa para comer e… seguiron coas aulas!

Remataron ás catro e podo xurarvos que estaban cansadísimas, algunhas dixeron que lles doía a cabeza de tanto escoitar inglés ajajaja.

Vendo que estaban tan mortas decidimos ir ó centro da cidade a despexarnos.

Algunhas mercaron no mítico Starbucks e outras probaron as galletas do Subway.

Voltamos a cear ó internado e despois sucedeu algo que non nos podiamos crer: MARCHOU A LUZ EN TODA A CIDADE. Estabamos no internado a semiescuras e decidimos aproveitalo.

Adiviñade que estabamos a facer…

Puxémonos a xogar as tinieblas ajajaja menudo show.

Iria estivo ahí metida durante 10 minutos!

Unha vez foron as oito subimos a sala común para unha sesión de arte. Pintamos uns pequenos cadros e unhas rochas aínda que Andrea decidiu que o lienzo fose a súa cara jajajaja.

Sinto non ter foto disto familia pero estabamos a semiescuras e super entretidas coa pintura.

Deixamos algúns cadros a secar para seguir outro día e as 9:30pm pis, dentes e para cama. O día seguinte teriamos excursión así que había que descansar. Xa vos contarei que tal foi!!!

Unha fotiño das rapazas i eu explorando o internado

Moitas apertas fortes familiaas, estamos a pasalo super ben ♥️♥️♥️

avatar

Lara Alvarez Alvarez

2 pensamientos en “ST FRANCIS LETCHWORTH – CHEGADA E PRIMEIROS DÍAS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *