Ola familias!!
Este venres pola mañá tocou ir ó zoo!! Fomos a Africa Alive Zoological que, coma o nome indica, ten animais que veñen dende África. A verdade e que alucinamos moitísisimo con todos.
Co que tamén alucinamos foi cos peluches da tenda de recordos, non houbo persoa que quedara sen eles (ata algunha levou tres!!!)
Despois voltamos ó instituto para comer e Mr. Currie tiña preparado un monte de preguntas en inglés sobre os animais que vimos no zoo e sobre curiosidades de animais e lugares Españois que deberiamos saber!
O mellor é que para xs gañadorxs habería chocolate de premio jeje
Tamén houbo premio para xs gañadorxs da semana pasada: Aroa, Hugo e Estela. As mellores redaccións/poemas sobre o paseo que dimos levan tamén unhas chocolatinas, imos acabar todxs chocolateades!
Logo criamos que terían partido de España contra o resto do mundo pero non foi así, tiveron tempo para prepararse porque despois de cear tiñan piscina por primeira vez! Imaxinádevos o gracioso que foi ver ós rapaces probándose as gafas e o gorro de piscina, as mellores fotos da inmersión aquí as tedes:
Antes de ir á piscina comezou a chover moitísimo e as rapazas quixeron ter o seu momento videoclip e bailar baixo a choiva, mirade coma as atopamos:
Ensinariamosvos o vídeo que temos delas bailando pero… non sei eu se non deixarían! Queda entre nós 😬😬
A piscina foi divertidísima aínda que á hora xa comezabamos a estar conxeladas.
SÁBADO
Comezabamos a mañá con ganas porque hoxe tocaba Norwich!!! Levabamos agardando este momento toda a semana. Ían ter todo o día libre alí, a petición súa, pero fixémoslle unha lista en maps cos lugares turísticos que non se podían perder: a catedral e os xardíns, o paseo polo río, o mercado de casas de colores, as rúas centrais con tendiñas, o castelo, etc. E sabedes cal foi o sitio máis popular e visitado por todxs?? O outlet de Nike! Case todo o mundo saiu de alí cunhas zapas novas máis baratas que en españa. Tamén con chaquetas vintage e suadoiros incríbeis coma o de Blas.
Chegamos o internado para cear, ás seis, e tocaba durmir para mañá desfrutar do noso día libre!
DOMINGO
Levantámonos e as once tiñamos o brunch, un almorzo/comida ben completo para aguantar todo o día. Hoxe había un mercado de antigüedades e cousas vintage nun sitio preto do internado no que os menores de 16 entraban de balde. Alá que foron a maioría delxs. Algunhas non saíron moi contentos pero a outros encantoulles, tanto que ata mercaron agasallos para a familia.
Puideron facer o que quixeron por Southwold, algúns decidiron ir ós recreativos, outras pasearon e outras… Bueno, fixeron trastadas. Contáronnos que “sen querer” coláronse nun parque polo que máis tarde deronse de conta que había que pagar e saíron correndo dalí! (Non sen antes sacarse unhas fotos desfrutando do chan elástico jeje)
Tiñamos a cea ás 18:00 e logo tocaba descansar que ó día seguinte volviamos ás clases e comezabamos a mosa última semana!!!
Unha aperta grande familias,
xa estamos na recta final, sen ganas de que remate e con ganas de pasalo ben!
Vémonos en nada,
🧡🧡🧡😬
Lara e Belén.