Routine and trip to London!! 17/10-19/10

Hello familias!!

Aquí estamos de novo co voso blog favorito!

Gañador do quiz sobre Norwich e UK!!

VENRES

Aquí chegando tarde

Hoxe foi un día emocionante canto menos. Lembrades que vos dixen que a medalla de tardonas era para Alba e Ana? Pois retiro o dito. Hoxe o noso bus decidiu non pasar pola nosa parada, vivimos a experiencia autobusera inglesa completa. Mentras, as nosas Alba e Ana chegaban cedo ó instituto e comezaban a primeira lección, mis perfectas.

 

O bo de chegar tarde foi que puidemos coñecer a un dos cans do instituto. Estes sirven como emotional support, axudan cando as estudantes teñen que falar sobre temas importantes ou de comportamento. Comezaron o día de aulas e a algúns tocoulles facer exames, ups!

E por fin Claudia e Andrés fixeron a súa receita: PANNA COTTA.

Que saibades que nin probala puiden, voou!

Despois das clases tiñamos planeado ir ao Plantation Garden pero como pechaba demasiado cedo puidemos… IR Á BOLERA DE NOVO. Todo estaba tan controlado que algunhas decidiron probar sen barreras, outras sen embargo foron a seguro.

Os da bolera puxéronse creativos cos nomes

Ao rematar a actividade puideron reunirse co outro grupo que chegara onte, as súas amigas e compañeras, por fin!

SÁBADO

Tiveron día libre e, como non, quedaron todxs xuntxs no centro e estiveron comendo, paseando, mercando, etc. Déixovos algunhas fotiñas que me pasaron.

Tamén descansaron e se prepararon para o día seguinte, QUÉ NERVIOS!

DOMINGO

O día máis esperado de toda a viaxe: LONDON.

 

Chegamos á estación cedo, a iso das oito. Reunímonos con Mark e descubrimos que o noso tren estaba cancelado.

Sen embargo todo foi por unha boa causa i é que engadiron un tren directo ás nove, que nos deixaba case á mesma hora que o que iamos coller pero sen facer transbordo, todo redondo.

Chegamos á estación de Liverpool Street e dende alí collimos o metro ata Westminster. Era a primeira vez para algunhas e todo o mundo aproveitou para facer sesión de fotos.

Fixemos un tour no que puidemos ver o London Eye, o Big Ben, House of Parliament, Westminster Abbey, St James Park, Buckingham Palace, Trafalgar Square, Picadilly Circus por último Leicester Square.

co noso guía Mark, coma un pai para nós!!

os rapaces do grupo!!

As rapazas coa sufraxista Emmeline Pankhurst

Unha vez alí tiveron un montón de tempo libre! Julia e Anika decidiron ir a The National Gallery e ver dos cadros máis famosos do mundo. Un grupiño achegouse ata Vigo (Street claro) e case todas aproveitaron para ir de tendas e desfrutar da gran cidade.

Aquí vos deixo con fotiños que sacaron no día:

No tube coa moni

Esta é a típica foto que dura para toda a vida

Chamouno Borja Iglesias a pesar do empate do celta contra a Real

 

 

A verdade e que foi un día moi longo pero increíble e divertidísimo, así imos comezar a semana con moitísima enerxía!

Estamos desexando non voltar nunca e quedarnos a vivir aquí para sempre así que se o avión do día 29 está baleiro… non digades que non avisamos!

Unha aperta moi grande familias! E parabéns á irmá de Claudia que está de aniversario esta semana!

Bicos de parte de todxs 💕💕💕💕

 

 

avatar

Lara Alvarez Alvarez

3 pensamientos en “Routine and trip to London!! 17/10-19/10

  1. Estoy deseando que llegue el día en que publicas el blog, me encanta!!!😍
    Me alegro mucho que estén aprovechando tanto el viaje! Muchas gracias por todo 😘

Responder a Cristina Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *