Presentación monitoras! – Dublín

Ola, Familias!

Xa tedes todo listo? Porque nós si! Soamente queda presentarnos…
Somos Emma (esquerda) e Laura (dereita) e entre as dúas sumamos 52 aniños! Ambas as dúas somos de Vigo e Laura estudou en Santiago, unha Licenciatura en Filoloxía Inglesa, e Emma está a estudar Enxeñería de Enerxías en Madrid.
Laura sempre foi un pouco nómada, e máis aínda dende que fixo o seu Erasmus en Inglaterra. Dende entón, dedicouse a traballar como recepcionista en diferentes sitios como Ibiza ou Segovia, e agora está a traballar de profe de inglés nun I.E.S. de Cantabria. Está que non cabe nela por tér a oportunidade de voltar ao estranxeiro, aínda que lle dea pena deixar o seu gatiño na casa!
Unha das grandes aficións de Emma é o deporte, algo que comparte con Laura. Practica rugby cando está en Madrid, pero aproveita sempre que pode a facer surf cando vén por Vigo. Ademáis, gústalle tanto a música que estudou violín no conservatorio. Como xa vos contamos, está rematando a carreira e o ano que vén irá de Erasmus. Aínda que esta será a súa primeira vez nesta experiencia (Laura é a terceira vez que repite), está desexando que chegue o momento de coñecer a todo o grupo e emprender con vós esta aventura.
E agora só queda dicir… Facede ben a maleta e non vos pasedes do peso 😉
Durmide ben, non cheguedes tarde e non esquezades nada IMPORTANTE!
See you on Friday!!
Biquiños! 🙂
P.D.: Laura está de cumple o venres, non vos esquezades e portádevos ben para que teña un cumple moi feliz. ❤️
avatar

Emma Sánchez Pallares

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *