Hi families!!!
Onte tivemos a nosa derradeira excursión e fumos a LONDRES!!
Xa tíñamos moitas ganas de ir e ademais coincidiunos un día de sol fantástico para gozar desta buliciosa cidade!
Tivemos que érguenos cedo e poñernos en camiño pero mereceu a pena logo de todo o que vimos: St. Jame’s Park (onde vimos moitos esquíos, que nos namoraron a todos!), London Eye, Big Ben, Houses of Parliaments, Buckingham Palace e Westminster Abbey que é a igrexa máis longa do Reino Unido e na que se coroaron a maioría dos Reis e Raíñas do país, así como onde case todos están soterrados tamén.
Unha vez chegamos a Picadilly Circus, a rapazada tivo tempo libre para explorar as áreas colindantes: Chinatown, Soho, Trafalgar Square, etc.
Pásarono xenial e mercaron recordos para levar como agasallos ás familias.
Finalmente regresamos á Norwich, onde nos agardaban as familias.
Hoxe é día libre en familia. Cada un e unha deles aproveitarán para descansar e para saír a dar unha voltiña por Norwich, que é Halloween e, de seguro, verán xente disfrazada, como tamén vimos onde en Londres!
Mañá voltamos á Ormiston Victory Academy xa que o half term rematou. Deste xeito poderán reincorporarse ás distintas aulas cos seus buddies! Teñen moitas ganas! Encántalles o ambiente do high school!
See you soon,
Alaska e Lara
Que buen día tuvisteis!!! 🌞 🎃🌞🎃🌞🎃 Bonitas fotos y comentarios🥰🥰🥰
En nada, la cuenta atrás!
Si si! Nestas tres semanas non nos podemos queixar do tempo nadiña. Tivemos sol e boas temperaturas sempre!