Neath – 23 September – DIVA

23rd

Sábado de excursión, sábado de sudadeiras vermella (e azul).Quedamos ás 10.00 para dirixirnos a Saint Fagan en bus.

O grupo contou con  90 minutos para coñecer as instalacións de Saint Fagan pola súa conta. Tempo insuficiente para coñecer un espazo tan grande o cal conta cun museo o cal ningúen pisou. Dedicámonos a percorrer as instalacións exteriores, e dado que estiveron pola súa conta e que non me compartiron fotos súas terei que compartir algunha miña persoal. Intentarei defenir a Saint Fagan… pódese considerar un poboado con castelo, xardíns, capela, casiñas obradoiros etc ademáis do museo como dixen, aínda así é mellor que o busquedes en internet e preguntedes xs vosos fillxs para coñecer a súa versión das intalacións.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cando atopei a algunhas do grupo case ao final da visita estaban montadas nos culumpios (infantís). Papás e mamás están crecendo!, pero cando ningúen as ve seguen tendo unha parte de nenxs pequenxs que intentan ocultar.

A seguinte visista foi a PRINCIPALITY stadium Cardiff. Estadio multiusos recordada por albergar a final da UEFA Champions league no 2017, ademáis xogarse partidos de fútbol e máis utilizado para os partidos de rugby, e tamén por recibir a estrelas internacionais da música durante as súas xiras musicais.

A visita polo estadio foi guiada, STEVE o guía impecable, un inglés claro é fácil de entender, ademáis de ameno. Entre as diferentes estancias que visitou o grupo, o momento estelar, os vistiarios, no cal Steve contounos a vida difícil que levan as estrelas internacionais durante as súas xiras internacionais, hotel 5*, aparcar diante da porta para ir ao traballo etc, seguro que máis de un tamén vivenciou dita situación jajaja. A anécdota de Steve centrouse nas exixencias feitas por Madonna no ano 2006 para ter o vestiario / camerino ao seu gusto… que se isto, que se o outro, que se así, que se asá… o total para nada. Chegou 4h e media tarde e foi directa ao escenario e despois do concerto directa ao hotel. DIVA.

A DIVA do grupo

No vestiario de rugby Primeira foto na que posan para a cámara voluntariamente OMG

A pesar de non poder visitar o terreo de xogo e as gradas por seguridade xa que están  a realizar obras no teito entre outras cousas, pasamos polo acceso ao terreo de xogo e estivemos na sala de prensa.

Algunha declaración da visita?

A pesar de estar programado pasar pola tenda do estadio (centrado no rugby) afortunadxs de que puideron pasar eses escasos 45 minutos para coñecer un pouco as rúas de Cardiff, sinónimo de ver tendas para a maioria.

Ao chegar de volta a Swansea ás 17h, contaron con tempo de libre disposición, traducción, aproveitaron o tempo ao seu gusto ata que tiveron que marchar a casa a cear.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *