Luns 8 en King’s Cross

ELTHAM

Boas noites familias,

Como ven sendo dende hai unha semana, as rapazas están disfrutando moito das clases de integración no Eltham Hill School. Algunhas das asignaturas que se imparten esta semana inclúen temas como aprender a confecionar a tua propia roupa ou diseñala. No referente a comida, seguen disfrutando de platos e postres variados. Hoxe por exemplo, poideron elexir entre empanadilla picante ou pasta con queixo.

2014-12-08 15.00.14

Pola tarde, a petición dalgunhas das rapazas acudimos a ver o Andén 9 e 3/4, ubicado na estación de King’s Cross, que para os que non o coñezan, é famoso por ser o lugar utilizado por Harry Potter para coller o tren a Hogwarts. Ali as que quixeron poideron sacarse fotos co carriño da película. Aínda que algunhas rapazas non son especialmente seguidoras da saga, tamén poideron aproveitar a visita para comprar literatura inglesa.

IMG_20141208_170154

IMG_20141208_165547

De volta a Eltham, volveu a pillarnos a hora punta, pero por sorte as rapazas estiveron atentas e rápidas. Están aprendendo a manexarse na gran cidade.

2014-12-08 17.53.26

Mañá esperamos contarvos quén foi a gañadora da partida de bolos que temos programada en Lewisham. Unha actividade de interior, que nos ven  moi ben co frío que fai estes días.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *