8 de decembro, comezo da última semana na Thorpe St Andrew School

THORPE ST ANDREW 

Boas a tod@s!!

Comezamos a que será a nosa última semana en Thorpe St Andrew saíndo ben arroupados da casa pois estamos rozando os 0ºC, temperatura á que non estamos moi afeitos.

E que mellor que convater o frío correndo polos campos deportivos do centro como nos tocou facer hoxe a algún de nós nas clases de PE. Outros volvemos as andadas na cociña e seguimos testando a receita das mince pies.

E en clase de téxtiles deseñamos o patrón dunha falda que nos vindeiros días comezaremos a confeccionar, a ver se con un pouco de sorte podemos levala rematada na nosa volta á casa 🙂

E para rematar o día a activade de hoxe foi novidosa para gran parte de nós, xa que nunca antes xogaramos ao LASER QUASAR, ataviados con chaleques cunha zona de recepción de disparos e conectados as marcadoras laser xogamos nunha zona deseñada con espazos para agocharse e case en penumbra onde tiñabamos que intentar disparar a cantos mais compañeiros do equipo contrario e intentar que non nos desen a nós. Na primeira partida gañou o equipo vermello e na segunda o azul. Un momento de distensión para ter un bo comezo de semana.

Deica aquí a crónica de hoxe 😉

Saúdos e apertas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *