Letchworth (St. Francis’s College) – Días 1 e 2

Bo día a todos/as,

Preséntome, son a monitora Paula. Serei a encargada de irvos contando as aventuras das rapazas que estarán estas tres semanas no internado St. Francis’ College en Letchworth Garden city.

 

Día 1 (venres):

O venres comezamos a nosa aventura no aeroporto de Vigo ás 4 e media da mañá, con escala en Madrid, para chegar finalmente ó aeroporto de London Heathrow ás 16:30.

Logo, collimos o bus a Letchworth 🏴󠁧󠁢󠁥󠁮󠁧󠁿, a nosa destinación final, onde tivemos a cea de benvida no St. Francis’ College, en conxunto coa rapazada que está en St. Felix e logo do reparto de cuartos, xa foron prepararse para a cama tras unha longa xornada de viaxe.

Día 2 (sábado):

Comezaron o día cun brunch 🍳🥞 ás 10:30 para coller forzas para explorar a cidade de Letchworth, tiveron tempo libre para mercar snacks, explorar as pintorescas rúas decoradas con banderíns, etc. Antes de marchar ó centro, houbo un simulacro de incendio🔥 e pasárono con nota.

Ás 15:00, voltamos á Boarding House (onde residen as nenas) para que puidesen descansar nos cuartos ou na Games room 🎲🕹️(é unha sala común onde teñen televisión, piano, cociña, xogos de mesa…), xa que hai unha ola de calor, e así aproveitar a tardiña.

Ás 17:45 tiveron a cea no comedor e logo ás 19:00 cando xa as temperaturas baixaron un pouco, baixaron ás pistas a xogar ó tenis, ó badminton (ó non facer  vento, era idóneo), a dar unha volta polo campo ou, incluso, practicar bailes de tiktok.

Logo, tiveron tempo para relaxarse na Games room dende as 20:30 ata as 22:00 que era o toque de queda.

Deica logo, seguireivos informando!

Unha aperta,

a moni Paula.

avatar

Paula Rodriguez Rey

5 pensamientos en “Letchworth (St. Francis’s College) – Días 1 e 2

  1. Muchas gracias😃😃😃😃 por el trabajo que estás haciendo, mi hija está feliz y muy contenta contigo, esperando más fotitos 📸📸📸📸📸

  2. Gracias por todo!!
    Durante estos 21 días, has sido un apoyo maravilloso para mi hija, seguro que para las demás niñas también.
    Te agradezco tu cariño y dedicación en todo momento. Las fotos del blog lo dicen todo…
    Mi hija vino encantada con la experiencia y eso que a veces le cuesta integrarse, pero vino feliz!! Y en eso tú tienes mucho que ver…
    GRACIASSSS!!!
    Un saludo enorme.
    Mamá de Leonor.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *