Letchworth (St. Francis’College) – Día 11 ó 15

Boas a todas/os! 🌦️

Xa estamos no ecuador desta experiencia de 21 días, así que vamos a polo resumo destes días pasados!

Esta segunda semana xa temos un clima máis habitual inglés: choiva, temperaturas máis frías e vento e néboa. 🌬️☔

Día 11 (luns):

Comezamos o día con clases e ás 13:30 funas recoller para ir á 🏊🏻‍♀️piscina descuberta 🏊🏾‍♀️ municipal de Letchworth. Fumos nos minibuses🚐 da escola ata as instalacións xa que chovía un pouco.

Era agradable estar na auga morna ó aire libre. Unha pequena parte do grupo non quixo participar (por diversas razóns) así que estiveron co meu libro de paisaxes🏞️ para colorear, cores e snacks🍫 nunha das mesas próximas á piscina.

Volvimos á escola andando, así que fixemos unha parada rápida nas tendas xa que precisaban mercar algunhas cousas.

Logo de cear, tiveron a actividade arts and crafts🖌️🎨. Customizaron totebags e camisetas con pintura textil. Temos artistas no grupo!

Día 12 (martes):

Ó mediodía entre clases, tiveron unha actividade no campo cos máis pequechos do colexio. Era unha búsqueda do tesouro de obxectos e animais que poden atopar alí. Tamén a nosa rapazada estívolles ensinando vocabulario en español e algunhas frases soltas. Fixeron moi boas migas e tiveron un anaco para xogar logo da actividade. 🧚🏻

Pola tardiña, tiveron baking🧇 e prepararon gofres con diferentes acompañamentos (bananas, fresas, mermelada de frambuesa que fixeron…). Ademais, continuaron pintando as súas creacións.

Día 13 (mércores):

Ó mediodía foron ensinar español a un club de nenos peques con Ms. Hercog e logo tiveron Prep📖.

Pola tarde, tiñan piscina, pero debido a un percance (de saúde) cunha alumna do centro, tiveron que pechala ó público e anular a actividade.

Día 14 (xoves):

Logo das primeiras clases, tiveron unha exhibición de percusión no teatro🎭. Pola tarde, tiveron Prep.

Á tardiña, cedéronnos o ximnasio, onde a rapaza puido xogar ó baloncesto🏀.

Día 15 (venres):

Ó mediodía, tiveron clube de español con nenos pequenos na compañía da profesora de francés e español. 🧚🏻

Pola tarde, tiveron masterclass de salsa (iniciación) 💃🏼👠e puideron disfrutar de mojitos🌿 recén feitos (sen alcohol) despois.

Seguiremos informando!

Unha aperta,

a moni Paula.

avatar

Paula Rodriguez Rey

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *