Letchworth (St. Francis’ College) – Días 8, 9 e 10

Bo día a todas/os!

Un día máis aquí estamos co repaso destas xornadas do venres ó domingo.

Día 8 (venres):

Logo das clases📚, aproveitaron para ir ó centro de Letchworth a dar unha volta e tomar o aire fresco. Á súa volta, tiveron baking 🥯 como actividade extraescolar, xunto con outras estudantes da Boarding house🏡. A receita escollida para este taller foi Banana bread muffins 🍌🍞🧁 (magdalenas de pan de plátano) e podían elixir entre engadir chocolate, canela, sprinkles e máis cousas. A rapazada tomouno coma unha competición e moi en serio🏅. O espírito de competividade apoderouse do noso estudantado!

Mentres as magdalenas estaban no forno, aproveitaron para comezar unha tremenda sesión de karaoke🎤 , dende cancións de Queen ata Taylor Swift. Clara-mente🎶, dírono todo. O salón convertiuse no plató de The voice🎙️✌🏻. Isto tamén fixo que remataran de queimar a estamina que lles quedaba.

Día 9 (sábado):

Comezamos o día co brunch ás 9:30 na dinning room, hai que coller forzas para irnos de excursión! Ademais, tiñan o lunch pack preparado en bolsas individuais para levar.

Hoxe toca…

LONDON!

London (South Bank)

 

 

 

 

 

 

Chegamos á estación London Blackfriairs🚇, onde está o Tate Modern, Waterloo Bridge🌉, Milenium Bridge, Chinatown (ó lado)🎐, London Eye e moito máis que hai que facer nesta zona. Tiveron tempo libre asíque tamén aproveitaron para mercar un montón de souvenirs en tendas propiamente desta tématica, na tenda Lego, na de M&Ms…

Aquí están os selfies📸 que lles pedín para a registration ás dúas da tarde no tempo libre:

Como broche final a este día, Ms Boutros mercou un pastel sen gluten para que Paula soplara as velas do seu cumple!

Día 10 (domingo):

Comezaron a mañá cun brunch e logo ó mediodía tiveron piscina🏊🏿‍♀️🏊🏻‍♀️(interior no internado). Despois, pola tarde foron en busca de aire fresco 🍃 á vila. Algún grupo aproveitou que había unha feira 🎪 de atraccións en Broadway Gardens ⛲ e foron un par de voltas nelas.

Seguireivos informando proximamente.

Unha aperta,

a moni Paula.

avatar

Paula Rodriguez Rey

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *