Letchworth (St. Francis’ College) – Días 3 e 4

Bo día a todas/os! 🌞

Imos co repaso do domingo e o luns.

Día 3:

Ó ser fin de semana comezaron o día cun brunch 🥞🍳 (si, esa comida na que sen pode mesturar doce e salgado ó antollo): ovos, tostadas, tortitas con chocolate, froita, bacon, cogomelos e máis posibilidades. Logo, puideron descansar e empregar as salas comúns onde teñen xogos de mesa, televisión con plataformas de streaming, puzzles 🧩 e máis entretenementos.

Ó mediodía tiveron 🏊🏿‍♀️piscina 🏊🏼‍♀️como actividade deportiva e así combatir o calor sofocante destes días. Logo, puideron baixar un anaquiño á vila⛲.

Día 4:

É luns e comezamos a primeira semana de clases, asíque ás 7:45 temos o almorzo para contar con enerxía dabondo durante as clases do día. Despois, dirixímonos á chapela para escoitar o sermón de benvida e ter a asignación de buddies (son estudantes do centro que axudarán ás nosas rapazas cos horarios e aulas de xeito cotiá). Logo dun breve tour polo centro, xa asistiron ás diferentes materias.

Ó remate e despois de refrescarse, tiveron unha hora de Prep 📝 (para facer os deberes do día) baixo a supervisión de Mrs Hercog Chan. Ó remate, a cea xa estaba lista e tocou estilo oriental 🍜. Ás sete baixaron ás pistas e alí estiveron bailando e ensinando a Rianxeira e flamenco💃🏼 a algunhas das estudantes que residen na Boarding house durante todo o curso académico. Á volta ós dormitorios aproveitamos para xogar unha partida de cartas e repartir bolsas para a colada antes do toque de queda.

E isto é todo polo de agora, seguireivos informando en breves!

Unha aperta,

a moni Paula.

 

avatar

Paula Rodriguez Rey

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *