HEADINGTON – 9/10 – Last day… :(

Boas noites, Familias!

Hoxe foi o último día dxs nosxs nenxs aquí en Headington… Parece que foi onte cando nos coñecemos no aeroporto de Vigo, cargadxs de ilusión e nervios ao mesmo tempo! Pois xa fai tres semanas diso…

Esta mañá respirábase un ambiente diferente, xa se notaba que era o último día. Algúns chegaron con tanta enerxía ao cole que mirade o que facían mentras esperabamos aos buddies…

As clases hoxe remataron antes para nós, xa que ás 14.30hrs tiñamos que estar no centro para visitar o museo. Por suposto, antes de marchar, despedímonos dos buddies e, coma non ía ser menos, sacamos fotos con elxs tamén!

Grupo no Cheney School cos seus buddies

Grupo St Gregory School cos buddies

Con Tessa (Madrid) e Jaime (A Coruña)

Unha vez rematadas as despedidas, puxemos rumbo ao centro da cidade para ir visitar o Ashmolean Museum, museo de arte e arqueoloxía da Universidade de Oxford. Algúns camiñando, outros en bús.

Ao chegar, dividímonos en dous grupos e comezamos a percorrer o museo, que constaba de tres plantas diferentes. Acompañounos Ellie, a nosa guía en Londres, quen nada máis comezar a visita fíxolle varias preguntas a ámbolos dous grupos. Eran preguntas relacionadas sobre o que ían ver no museo e, ao final da visita, deberían responder. Por suposto que todxs pasaron o exame!!

Aquí vos deixamos algunhas fotos de hoxe no museo:

Unha vez rematada a visita, tiveron tempo libre para facer as últimas compras ou ir cear por aí xuntxs. Mañá tócanos madrugar mooooito, xa que ás 5.50hrs temos que estar no Cheney School para coller o autobús que nos levará ata o aeroporto de London Heathrow.

Esta será a última entrada deste blog, que quedará gardado para sempre e poderemos volver lelo cando nos entre a morriña. Así reviviremos cada unha das aventuras que vivimos aquí 🙂

Queríamos darvos as grazas por lernos e por estar pendentes. Para nós, as monitoras, esta aventura foi algo inesquecíble e que levaremos con nós sempre 🙂

Mañá esperámosvos a todxs en Peinador, agardando que nos achuchedes e nos digades canto nos botastes de menos!! E tede paciencia, porque temos moito, moito que contar!! =)

E como xa é de rutina….

BOAS NOITES!! BIQUIÑOS 🙂

Foi un pracer!

Laura e Aida

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *