HEADINGTON – 29/09 – Pitt Rivers Museum + Walking tour

Boas noites, Familias!

Hoxe comezamos o día bastante cedo tendo en conta que era domingo. Ás 10 da mañá tiñamos reservado no Museo de Historia Nacional polo que ás 9.30hrs quedamos no Westgate e así camiñar xuntxs cara o Pitt Rivers Museum. Algúns xa estaban alí esperando por nós, e tamén a nosa guía, Xu. Unha vez entramos no museo explicáronnos un par de normas e deixáronnos ao noso aire explorar cada recuncho. Este museo alberga máis de 500.000 obxectos, fotografías e manuscritos de tódalas partes do mundo e de tódolos periodos da existencia humana.

General Pitt Rivers estaba destinado fóra da Inglaterra e comezou a recolectar obxectos das súas viaxes e tamén o que lle daban outros coleccionistas. Así foi como se fundou este museo, xa que Pitt Rivers doou a súa colección á University of Oxford.

O museo, ademais desta parte que xa vos ensinamos, constaba doutra na que había coleccións arqueolóxicas e antropolóxicas, o que suscitou a curiosidade da maioría.

Saímos do museo e a algúns xa lles comezara a entrar un pouco de fame. Por iso, fixemos un mini picnic rápido para encher un pouquiño os nosos bandullos e poder continuar a nosa andaina. O seguinte destino foi o Sheldonian Theater, onde se fan os eventos e ceremonias da Universidade.

Despois visitamos dúas bibliotecas: Bodleian e Radcliffe Camera. Esta segunda tiña unha curiosidade, e é que tódolos libros estaban gardados baixo os nosos pés, é unha biblioteca subterránea!! Ademais, Xu contounos que cada college das diferentes universidades de Inglaterra tiña que doar, polo menos, un libro a esta biblioteca.

Atendendo ás explicacións da nosa guía, Xu

Radcliffe Camera

A seguinte parada foi a University Church of St. Mary the Virgin, un landmark en Oxford. Foi, por así decilo, o epicentro da orixe da Universidade de Oxford, xa que este foi o punto dende o que se comezou a expandir.

O último sitio que visitamos foi Christ Church College, un dos lugares onde se filmaron partes das películas de Harry Potter. A verdade é que foi un sitio que chamou a atención de todxs nós xa que, como comprobaredes nas seguintes imaxes, é verdadeiramente espectacular.

Unha vez rematado este tour, despedimos á nosa guía e comezou a parte favorita do grupo: tempo libre!!

Agora toca descansar que mañá comezamos unha nova semana e hai que collela con ganas!

Boas noites! Biquiños 🙂

avatar

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *