Helloo!
Hoxe, aínda que sexa sábado, tivemos que madrugar tamén, xa que nos diriximos ás aforas de Feltham para ir xogar ao minigolf. Xunto co noso guía habitual, Zaryab, ás once collimos un bus dende Kingston, e logo outro dende Feltham que nos levaría ao lugar, e unha vez alí, por grupos de 5 e 6 persoas realizarían o percorrido denominado “Volcano Island”. Cando chegamos poidemos comprobar que había variedade de percorridos e pistas de golf, ademias dunha zona de cafetería e restaurante moi ampla, onde tempo despois o grupo puido descansar e tomar o seu pack lunch con tranquilidade.
Esta actividde resultoulles moi divertida e algúns poideron descubrir o ben que se lle daba este deporte!
Ao día seguinte, como cada domingo, tivemos excursión a Londres, esta vez a Greenwich. Greenwich é un barrio de Londres onde se atopa o famoso meridiano co mesmo nome, e que ofrece unhas vistas incríbles aos rañaceos da cidade, así como un amplo parque por onde poder pasear, unha Universidade e un mercado local con infinita variedade de ofertas artísticas, artículos feitos a man, street food e música en directo.
Ademais, preto do parque, había unha feira con atraccións e xogos, que tamén foron visitar. Martina e Paula conseguiron a “Porqui” no xogo de disparar.
Antes de marchar, quedamos observando a un grupo de persoas que no medio do parque, propoñían ao público un reto. Coa axuda dun martelo xigante, podían intentar durante varios segundos romper unha caixa. A caixa consistía en varias placas de plástico duro apiladas unha sobre outra, con algún tipo de material amortiguador entre cada placa. Moita xente se ofreceu voluntaria para probar, incluso algúns dos nosos rapaces e rapazas.
Finalemente, e en presenza dun precioso atardecer, voltamos ao punto de encontro para volver a Feltham. Foi un día moi divertido e estabamos agotados. A recuperar forzas para comezar a semana na Kingston University! See you soon 🙂
Aida