EPSOM, 14 October – Day 7 – Cricket day

Día 7, parece que foi onte cando tocaba o madrugón para ir a Peinador, pero o tempo pasa, espero que os rapaces vos teñan ben informados das súas actividades, aquí a Bieito e a mín nos saturan o grupo de whatsapp con cousas que poderían decilas polo grupo propio deles pero a hora da verdade non nos soltan con quen pasan a tarde, por sorte as redes sociais nos permiten telos lixeiramente localizados que non controlados.

Papis e mamis teño que decilo por aquí, aunque seguramente xa o sepades, vades a interactuar máis cos vosos fillos a través do móbil que no face to face, hai algúns adictos ao móbil.

Despois de facer o resumo da semana, deixovos unha foto dos maís veloces da etapa de hoxe, Kingston University a Kinston centre (punto de encontro có activity leader). Tamén vos digo a etapa esta é estase convertendo nun bucle (5 veces esta semá).

Indurain e Contador por diante do pelotón

Actividade do día CRICKET, pelota, bate e travesaños, o material… fácil.

O problema ven sendo cómo xogar, ahí custou. Vou intentar explicar algo, hai dous xogadores que lanzan a pelota, lanzadores, que de un bote este a vez a 3 travesaños verticais para tirar o travesaño horizontal que está enriba, esta é a maniera de eliminar o bateador. O bateador ten que golpear a pelota (ata ahí obvio) pero para facer carrerias ten que chegar ata o sitio onde esta o lanzador á vez que o seu compañeiro ocupa o lugar do bateador pero se lle da tempo volven a intercambiarse, así sucesivamente para facer o máximo número de carreiras. Os demáis ademáis de mirar para estes 4 pois procuran coller a pelota que lanza o bateador. Agora en serío se chegástendes a entender algo e para felicitarvos. A parte disto en resumen para os que coñecades o beisbol o que batea correa a base 1 e base 1 a zona de bateo e se cambian entre sí o máximo número de veces para sumar carreiras. O que menos carreiras teña evidentemente non gaña. Para calquer dúbida, opción A, pagádevos unha viaxe a Inglaterra, bueno a India ou Australia tampouco está mal, pero as malas abride unha pestana e buscade en Google “Cricket”.

  

 

 

Antes de marchar un momento turbio… ver os alumnos bailar, lemento decir que estou fóra de onda, e utilizando esta expresión seguro que tamén. Bailes actuais DRILL (David é o master do grupo, non hai imáxe do momentazo, iso non significa que algún día saia a luz algún video), PASITO DE RAW e PESCADINHA. Algún tamén perreou OMG.

Para que non quedase dúbida os rapaces xa teñen claro onde está o TESCO express, vamos a decir a verdade saben máis os rapaces dos sitios cá os monitores, pero cal era a gracia de ter claro onde está o TESCO express, que ao lado está a estación de tren, maña 8.30, LONDON is waiting for us!!!

Aproveito para mostrar ao grupo de camiño a estación de tren.

HAVE A NICE WEEKEND!!!!

 

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *