Dia 24 de Setembro. Badminton en “Ponds Forge”.

Bos días familias/Bos días Vigo!

Aquí voltamos a estar un día maís contándovos todas as novidades dende a Winterhill School.

A rutina xa esta empezando a instalarse. Despois dos nervios, a novidade, e as confusións no que ao transporte público se refire, os rapaces xa empezan a asentarse e comezan a vivir o seu día a día inglés. Polo momento dicirvos que esta mañá todos se presentaron puntuais no meeting point, que ven sendo o lugar no que quedamos tódolos dias entre as 7:30 e as 7:45  para coller o autobus á escola. É dicir, que non so se estan adaptando no centro, senón que tamén están empezando a coller soltura no uso do transporte público .

E no referente ao día de onte, contarvos que saímos da escola dúas horiñas antes do normal debido a que os profesores tiñan formación. Aínda que os alumnos británicos se dirixiron ás suas casas, os rapaces do noso grupo  puideron dispoñer dunha das cantinas da escola para comer con tranquilidade. Ao finalizar, dirixímonos a parada situada diante da Winterhill para coller o bus 43 e despois un tranvía (aquí chamado tram) que nos levou ao centro da cidade para a actividade que tiñamos programada: bádminton!

Aproveitamos a horiña extra que tivemos por sair antes da escola para explorar o centro de Sheffield. Non foi moito tempo, so unha primeira toma de contacto; aínda así, moitos atoparon un ratiño para explorar o interior do Primark e outras tendas da rúa comercial, non se puideron resistir.

Turistas en Primark

Ás catro chegamos ao pavillón polideportivo de Ponds Forge para xogar un pouquiño ao bádminton.Os rapaces puideron utilizar tamen as mesas de pin-pong, e hai que dicir que foi o que máis ilusión lles fixo. Aos nosos ollos, e a pesar de que moitos esqueceron levar roupa de recambio, disfrutaron da actividade e sairon cansados. O suficientemente feitos polvo como para deitarse as oito! Quen lles ia a dicir a algúns deles que estarían indo para a cama antes das nove???!!!!!

Sara e Maria xogando a badminton

Ping pong e badmintonPolo de pronto, nada máis! Deixámosvos ata mañá e animámosvos a seguir comentando no blog!. Firmamos o post con foto de gran parte do grupo.

Parte do grupo mostrando seu entusiasmo polo deporte

Un saudo das monitoras Silvia e Eva!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *