8 de outubro: Zumba class!

Bos días a todos e todas!

Isto xa se acaba! En catro días saímos para Vigo e xa case estamos preparando a volta aínda que a algún e a algunha ímolos ter que sacar a rastras do país. Pero, polo momento, continuamos coas nosas actividades e onte tocou Zumba class!! 

Todos demos aínda que fora algún pasiño de baile. Algúns non somos grandes bailaríns pero o importante aquí é participar, non é? Moitos foron caendo pouco a pouco, parando para coller un pouco de aire, un pouco de auga ou para enredar pola sala cos balóns de pilates…

Aquí vos deixamos os documentos gráficos.

Maria, Agus, Tania e Sara na clase de zumba Paulo e Pablo en zumba Veña esa man arriba! Xa non damos para máis! Zumba3

Ao final da actividade, o polideportivo obsequiounos cuns bonos de £2 para tomar algo na cafetería, boa falta nos facía un descansiño.

Hoxe toca LaserQuest, a ver como se nos da!

Un saúdo das monitoras

12 de outubro. Despedida

Hoxe e o ultimo dia. Apenas nos queda unha hora para marchar e os rapaces non queren enfrontarse a despedirse.

Hoxe por ser luns, os alumnos do ano 11 tenhen asamblea no Main Hall, unha das principais estancias do instituto que fai as veces de comedor e de salon de actos.

A assembly, e un momento no que a escola aproveita para facer xornadas de orientacion e “counseling” e tratar temas que preocupan aos estudiantes e que forman parte de sua realidade, coma son as opcions de futuro ou o por exemplo, o bullying. Nembargantes hoxe, aparte de tratar os temas correspondentes, os profesores estaban avisados de que alguns dos nosos membros do grupo querian despedirse. E foi cando en representacion do grupo de vigueses, Yago, Carolina e Jaime Irisarri baixaron a dicir unhas palabras de agradecemento. Nese momento habia mais dunha cara de tristeza entre os nosos estudiantes.
No Main Hall

Palabras de despedida

O grupo cos buddies antes de ir a clase

Sobre a unha e cuarto, acudiremos a comer e despois iremos ao centro de Sheffield para dicirlle adeus a cidade e terminar de encher a maleta coas ultimas compras.

Vemonos manhan!

10 de outubro. Excursion a York

Bos dias!

Este sabado os rapaces dirixironse a York de excursion.

Un pouco mais cedo do habitual para ser un sabado, quedamos na Sheffield Interchange para sair dende ali ata a estacion de ferrocarril e coller un tren direccion Newcastle, onde tinhamos espacio reservado para viaxar a York.

Martin e Elisa no trenJaime, Carolina, Yago e Marta no tren a YorkTras uns cincuenta minutos de traxecto baixamonos na cidade onde foron rodadas algunhas secuencias da pelicula de Harry Potter e para sorpresa de moitos, podia percibirse no aire un certo  cheirinho a chocolate que non se podia resistir! Ao parecer, York ten moitas cafeterias que sirven chocolate quente, e o ser tan pequeno, estan todas concentradas nun par de ruas principais

Unha vez acostumados a esta nova fragancia, diriximonos ata a York Minster (o que ven a ser a catedral), onde tinhamos preparada unha pequena busqueda do tesouro. Os rapaces tinhan un mapa da catedral co que debian ir localizando dos elementos ornamentais e marcando a sua ubicacion. A pesar de que non habia premio, houbo quen se meteu no papel de explorador. Esta claro que o conhecemento e sempre a mellor recompensa…ou non?

York Minster

Equipo da Treasure Hunt!

Ao sair da catedral, deixamoslles o grupo tempo libre para poder pasear a seu aire pola cidade e realizar as ultimas compras. Aqui podedes ver como posan diante do cartel da rua “Whip-ma-whop-ma gate” que sera unha das ruas mais pequenas de York, pero seguramente tamen sera a que ten o nome mais impronunciable.

Whip-ma-whop-ma-gate...non trouxo cola o nome!

Antes de coller o tren de volta

Hoxe estan na clase coma de costumbre e ao finalizar dirixiremonos a Sheffield onde poderan reunirse cos buddies para despedirse definitivamente!

Que dificiles son os adeuses! How can you find the words to say goodbye?

Manhan xa volo contamos!

Venres 9 de outubro. Laserquest e entrega de diplomas

Hola familias!

Non fai falta dicir que agora si que chega o final do “Pili 2015”. E se todo vai ben en menos de 48 horas estaremos xa de volta nas nosas casas. A moi pouco tempo de finalizar a nosa estancia no Reino Unido, as emocións están a flor de pel e xa empezaron a brotar algunhas bágoas de pena. A ver mañán como se despiden. Mentras tanto vós ide preparando os enseres culinarios para facer caldo, tortilla, cafes, e preparar a chegada dos vosos fillos que veñen con ganas de comida da casa.

Aínda asi, con pena por marchar e nostalxia porque “non vai a volver a ser o mesmo”, non podemos deixar de contarvos o que está a suceder aquí en Sheffield. Así que é de recibo explicarvos que este venres pasado a actividade que tocaba foi a “Laserquest“, quizais a máis esperada do programa.

O Laserquest consiste nun recinto escuro con luces fosforescentes nas que armados con pistolas láser, os rapaces deben de tentar planificar unha estratexia para eliminar ó contrario e ó mesmo tempo alcanzar o máximo de puntos posibles. Unha vez máis, o gañador absoluto das dúas partidas non foi outro que Guillermo, que está en racha e arrasa cos marcadores.

Equipo azul da Treasure Hunt

Guillermo, campeón outra vez!

Se de algo nos serviu a partida  aparte de para divertirnos,  foi para darnos conta de que iso de que “o importante é participar”, é certo, pero é moito máis divertido cando aparte de participar, formamos parte do equipo gañador. O de perder non vai con nós!!!!!

E logo despois de soltar adrenalina, os rapaces recibiron de parte da Winterhill School un pequeno “souvenir” composto por  un lapiz, un bolígrafo, unha regra e un chaveiro;  e por parte da organización local e as monitoras, uns diplomas de asistencia e de méritos clasificados por categorías. Así, mentras  que  Guille recibía os honores polo mellor xogador de bolos, Paula Martínez, Lucía, Aurel, Patricia e Elisa Bastos foron premiados co diploma ó mellor equipo da Treasure hunt. Tamén resultaron gañadores Yago  (que recibiu o mérito ó mellor “activities booklet” e Sara e Pablo escollidos polo resto do grupo coma os compañeiros máis sociables do grupo.

Entrega de diplomas

Yago co seu diploma ao mérito polo mellor cuaderno de actividades

Gañadores da Treasure Hunt

Os máis sociables

Gañadores da Treasure Hunt

E polo momento isto é todo. Mañán será a despedida. Iremos preparando os kleenex.

Ata pronto!

7 de Outubro. Mini-Golf and Disco

Bos dias a todos!

Empezamos o dia cun sorriso na cara e cansados tras a festa de onte a noite. Estamos so a cinco dias de rematar a nosa estancia en Sheffield e o cansancio  empeza a facer mella…pero como xa nos queda pouquinho, hai que aproveitar cada segundo. Vai ser triste despedirse dos novos amigos, e tamen sera triste para eles despedirse de nos. Porque mirade as bonitas palabras que se adicaron mutuamente vigueses e ingleses.Palabras para lembrar

Contarvos que onte foi un dia longo. Empezamos coma sempre asistindo as clases, e de ahi, diriximonos a parada do autobus para ir a realizar a actividade da tarde. A anecdota do momento foi que Jaime Alvarez, levaba tempo querendo comprar unha corbata da escola e ao enterarse de que podia coller unha en recepcion, non o dubidou mais e correu a adquirir seu “souvenir”. O curioso foi que en canto os demais rapaces do grupo a viron, houbo alguns aos que lle faltou tempo para ir a mercar a sua. Estan mais adaptados a levar uniforme que moitos rapaces da propia escola!

Ao final comprárona todos...

Unha vez mercadas as corbatas, chegamos a Centertaiment, unha area comercial na que se atopan varios edificios e cafeterias adicados a restauracion e o entretemento. Ali tinhamos reservada unha partida nun crazy-golf. Non quedaron moi claras as regras de puntuacions para todolos grupos…o que si sabemos, e que os que ganharon dentro de cada equipo non dubidaron en proclamalo os catro ventos.

Th

Carolina, Yago, Marta e Jaime no crazy-golf

E unha vez finalizada a partida, houbo que ir a cear e arreglarse para a segunda e ultima discoteca cos buddies. Houbo momentos para todo: para o reggaeton, a macarena e o asereje. Tamen houbo momentos para estar falando cos amigos ou tomando un refresco. Houbo quen o dou todo, e houbo quen se tomou as cousas con mais calma…pero en definitiva foi unha gran noite e todos o pasaron ben. Deixamosvos algunhas fotos coas que atestiguar o momento. Recordade que  na galeria de imaxes de Newlink, poderedes ver mais.

Artos dandoo todo Segunda Disco (43) Segunda Disco (24) Segunda Disco (21)

E de momento nada mais. Hoxe pola tarde toca ZUMBA e habera que dalo todo (outra vez)!!

Ata manha!

6 de outubro: Basketball!

Bos e chuviosos días desde Rotherham!

Parece que xa se acabou a sorte co bo tempo (xa era raro) e agora toca un pouquiño de chuvia. Aínda así, nós seguimos coas nosas actividades que por sorte onte eran a cuberto.

Acudimos unha vez máis ao noso polideportivo favorito para xogar un pouco ao baloncesto. Ao principio, dividímonos en dous grupos: uns para un partido e outros para practicar a puntería cunhas canastas, algo máis lixeiro.

No_basket[1]

Pouco lles durou o descanso a estes últimos porque aos dez minutos chegou un monitor para poñelos a andar. Tocou partido para todos, con indicacións en inglés e o noso “coach” marcando o ritmo. Tardaron ben pouco en pedir descanso!! Parece mentira, co novos que son, que pouco nos aguantan!

Elisa_explica_aos_seus_compañeiros_as_normas_do_xogo[1] Partido[1]

Hoxe toca Crazy Golf, veremos como se lles da!

Un saúdo e ata mañá familias!

5 de outubro: aniversario de Thomas e Treasure Hunt.

Bos días, familias!

Esperamos que por aí vaia mellorando o tempo. Aquí seguimos tendo sorte, algo xa nos choveu pero non nos podemos queixar. Xa so nos queda unha semana pola Winterhill School, isto vaise acabando!!

Aniversario de Thomas

Onte foi o aniversario de Thomas e, igual que fixemos con Agustina, cantámoslle un pouquiño durante a comida e logo puido compartir un pequeno pastel cos compañeiros. Estar lonxe da casa non é desculpa para non celebrar un aniversario!!

Ao sair da escola, fomos facer unha visitiña rápida á Catedral, que xa levamos aquí quince días e aínda non foramos. Isto non podía ser!

Despois fomos encontrarnos coa nosa English Leader, xa recuperada da lesión do sábado, para unha sesión de orientación pola cidade de Sheffield. Dividímonos en equipos de cinco persoas, repartimos unhas pistas e indicacións a cada equipo e alá fomos buscar o “tesouro”.

Analizando as pistas

Eran moitas pistas e moito recorrido para so unha hora de actividade. Correron moito (hai algunha á que aínda hoxe lle doen os pés) e o primeiro equipo chegou despois dunha hora e vintecinco minutos, pero con todo feito e ben feito! Noraboa aos gañadores: Elisa, Paula, Patricia, Aurel y Lucía.

Os gañadores da Treasure Hunt

Esperemos que descansaran ben esta noite, porque hoxe toca baloncesto!

Ata mañá familias, xa queda menos para vernos!

Un saúdo das monitoras, Eva e Silvia.

Ya sabéis que podéis ver todas las fotos del viaje en la galería de imágenes de Newlink.

3 de outubro. Excursion a The Blue John Mines

Bos dias (ainda que polas novas que nos chegan dende Galicia, os dias ahi non estan sendo o que se di bos)!!!

Estamos unha manhan mais retransmitindo dende o Reino Unido as novidades do grupo de Rotherham.

Esta foi unha fin de semana na que tocou excursion ao campo. O sabado, os rapaces e as monitoras diriximonos cedo  (ainda que  non tan cedo como e habitual) a parada de autobus para facer a nosa visita a The Blue John Mines, unha cova ubicada na localidade de Castleton, Derbyshire nas cales se atopa unha pedra fluorita que da nome a cova. Esta pedra e conhecida pola sua alta gama de cores brillantes, pero a que se pode atopar en Derbyshire, e a unica no mundo composta por raias de cores e brancas ao mesmo tempo.

Mostra da Blue John Stone (2)

A anecdota do dia foi que cando estabamos a chegar, o conductor do autobus confundiuse de cova e deixounos na entrada a “The Devil’s Arse”, tamen conhecida coma “Peak Cavern”. Unha cova cun nome polemico que foi cambiado para non ofender a rainha Victoria, e  que alude ao sonido flatulento que produce no seu interior a auga cando se inunda. Actualmente  volve a chamarselle coma o seu nome orixinal. A pesar da confusion, non hai mal que por ben non venha, xa que as vistas mereceron a pena.

       Caminhando a The Devil's ArseThe Cave (2)

Unha vez xa en The Blue John Mines, tocounos subir por caminhos de cabras e non quedou outra que pisar ali por onde elas deixaron seus “regalinhos” para os turistas. Foi moi gracioso ver os rapaces subindo o caminho apartando para non ensuciar os zapatos.

Camiño da minaThe Peak District

E cando por fin demos chegado arriba, a visita consistiu nunha entrada a cova con susto incluido, porque nun momento no que a luz se apagou, a nosa leader Leigh, golpeouse na cabeza co teito e fixo un chichon xeitoso.  Por sorte non foi nada!!!

Dentro da Blue John Mine (2)

Unha vez saimos, puidemos realizar unha actividade na que nos entregaron un cacho de pedra que poder lixar e pulir para levar a casa. A alguns pareceulles que a pedra era incluso mais bonita antes de pasala pola pulidora…pero  alomenos quedaralles coma recordo! Acabada  a actividade, non podia faltar a foto de grupo!

Os rapaces lixando a sua pedra

Foto de grupo no Peak District

En canto chegamos a Sheffield, puidemos dar unha volta polo centro comercial Meadowhall, ainda que estaba a rebosar de xente. Imaxinade como estaria para que en unanimidade o grupo pensase que prefiren as catro tendas do centro da cidade! E despois de tanta compra, marchamos para a casa a descansar e pasar o domingo coas familias.

E polo de agora nada mais. Hoxe chove…e a tarde temos “busqueda do tesouro”. A ver que se coce!!

Ata manha!

2 de outubro. Bowling!!!

Aquí estamos un día máis e comezando a que será a nosa derradeira semana  na Winterhill School. Tal e coma vos contamos o outro día, os rapaces non queren nin oir falar de despedidas. Pero é inevitable que o tempo corra e en pouco máis dunha semana poderan volver a disfrutar de súas casas e de súa vida en Vigo.

Mentras tanto, contámosvos que a actividade prevista para o día 2, foi asistir a xogar aos bolos á saída da escola. Tras baixarnos do tranvía, e para aproveitar o tempo libre, a maioría dos rapaces dirixíronse a un restaurante de comida rápida para repoñer forzas despois da escola. Alí, non puideron resistir meterse no parque infantil  (habilitado para nenos pequenos que visitan o local) e disfrutar dos tobogáns e as colchonetas. E aínda que algúns deles parezan xa mulleres e homes feitos e dereitos, o certo é que o pasaron coma nenos pequenos. Atestiguamos o momento cunhas cantas  fotografías.

Jaime, Agus, Maria e Pablo no parque infantil

Coma rapaces pequenos

E logo de pasalo en grande no parque infantil, continuamos coa festa na bolera. Alí repartímonos por grupos para botar unha partida que estivo bastante emocionante. Yago estivo a piques de abrazar o triunfo pero ó final foi Guillermo o que arrasou cos marcadores.

Jaime, Yago, Elisa e Jaime na boleraA ver se saco un plenoOs puntuadores máximos de cada equipoFoto de grupo...Falta Aurel e ademáis prometemos que Martín está vivo!!En xeral, foi unha tarde moi divertida. E como podedes ver, acabaron tan cansados da partida, que tiñamos a Martín case durmindo no chan! Ao acabar dirixímonos a Sheffield para poder regresar con nosas familias. Ao día seguinte esperábanos a excursión a “Blue John Mines”.

1 de outubro. Street Hockey en Ponds Forge.

Good morning familias viguesas!

Imos a polo ultimo dia lectivo da semana e sorprendentemente, cruzamos o ecuador do “Pili” e comezamos a segunda metade da nosa estancia no Reino Unido. A dia once do programa, alguns dos rapaces saben o que lles vai costar despedirse da experiencia. Outros saben que botan de menos a sua casa e a sua familia. Algunhas botan de menos entrenar, outras as suas mascotas….e outros desexarian quedar mais tempo e non queren nin oir falar de despedidas. Debe ser que estan a pasalo moi ben.

Onte foi tarde de deporte. Ou asi ia ser….Tinhamos reservada unha hora de Street Hockey en Ponds Forge, pero por cousas que pasan, non habia “sticks” (ou o que ven a ser o mesmo, paos)  suficientes asi que todo se arreglou cun par de balons de futbol. Aquel que quixo apuntouse a botar un partido e para os que non querian darlle a pelota, a nosa monitora Leigh explicounos un par de xogos no cal os rapaces tinhan que expresarse en ingles contando unha historia.

Improvisando algun xogo Comeza o partido!

Nas dinamicas descubrimos que algun dos rapaces non e moi bo planificando  estratexias de xogo, e outros aprenderon o que se sinte tendo que explicar algo diante dun grupo de persoas, sexa ou non no teu idioma.

Leigh tamen xoga con nos

Esta tarde imos a xogar os bolos!!! No proximo post contaremosvos quen ganhou! Mentras tanto, se queredes  ver mais fotos dos vosos fillos poderedes facelo clicando aqui.

Un saudo de Silvia e Eva.

Podéis ver todas nuestras fotos aquí