ENNYSTIMON 7/10 – Photo Rallie e Burger Farewell

Onte foi un día de despedidas. Os grupos dixeron adeus nos seus respectivos colexios. Houbo quen soltou algunha que outra bágoa por aquelo da separación. Foron tres semanas moi intensas e estamos todos un pouco tristes por ter que deixar atrás a nosa vida irlandesa. Pero é o que toca e hai que pasalo. O lado bo é que os vosos fillos están a botarvos de menos e seguro que tamén se alegran moito de ter que voltar á casa.

E como vos dicía aparte de despedidas, foi un día de sorpresas. En primeiro lugar porque Liliana, quedou terceira no concurso de fotografía que se organizaba na súa escola. E cando foi a recoller seu premio, atoupou con que o que acababa de gañar non era outra cousa que unha tablet! NORABOA LILIANA!

Liliana recibindo o premio

En segundo lugar, os monitores tiñámoslle preparada unha actividade por Ennistymon. Consistía nunha serie de probas das que tiñan que deixar constancia mediante fotografías: sacar unha foto cun maior de sesenta anos, representar o famoso “Dinoseto” de Vigo diante da escola C. B. S, realizar todos ó mesmo tempo o pino diante do supermercado…etc….O equipo que máis puntos gañara, obtería un pequeno obsequio sorpresa. Houbo comptetividade, creatividade e ganas de gañar. Ó final foi o equipo liderado por Antonio o que alcanzou a victoria.

My Lovely Rose of Clare Escribindo "Post Office" coas mans

E en terceiro lugar, houbo unha pequena celebración de despedida. Na hamburguesería Franco’s estaban esperándonos para servirnos a todos  hamburguesas e patacas fritas. Tras recoller noso pedido, dirixímonos á beira do río a comer e a realiza unha pequena entrega de premios a modo de colofón final. Os afortunados foron:

  • Na categoría do máis apreciado ou apreciada polos compañeiros: Alexandre e Sandra.
  • Na categoría de mellor integrada/o  no centro irlandés (tamén escollida/o polo grupo): Alba Cernadas.
  • Na categoría de máis participación nas actividades: Martín Vicente.
  • Na categoría de mellor nota no test final de nivel de inglés: Gladys.
  • Na categoría de mellor cuadernillo: María.

Dándolle o premio a María

Xa queda menos….agora case case!

ENNYSTIMON 3/10 – Olympic Handball

Felices mañans, queridas familias! Xa queda menos! Así que por ese motivo temos que ir disfrutando cada minuto na conta atrás que está a piques de comezar!

Onte e hoxe caen chuzos de punta. Chove abondo! Pero nós somos galegos e como di o anuncio famoso (e o refrán) “se chove que chova!”, que nós imos seguir ó noso. E así foi e seguirá sendo. Os nosos rapaces acudiron onte a facer un pouco de deporte despois das clases. A actividade que estaba prevista para onte era o handball ou tamén coñecido como balonmán, e alá fomos cara o Community Centre despois das clases. Debeu ser un partidazo porque algúns saíron colorados coma cereixas.

a-piques-de-iniciar-o-xogo cathal-facendo-os-equipos-1 liliana-iniciando-o-ataque

Hoxe os rapaces do C.B.S teñen un partido; Irlanda-España ao que poderán asistir todos os membros do grupo que queiran animar a seus compañeiros. E pola tarde, temos unha estupenda sorpresa. Imos ir a Ennis a xogar ós bolos! Yeeeeeeah! Hoxe vai ser un día animado!!! E xa volo iremos contando!

Saudiños a todos de parte dos monitores! Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

ENNYSTIMON 30/09 – Paseo e ocio no Family Resource Centre

A tarde do venres saímos antes da clase e igual que a semana pasada, e para aproveitar o tempo, decidimos comer todos xuntos o lunch, xa que é o único día de horario lectivo no que podemos almorzar coma o grupo que somos.

Logo de comer, demos un pequeno paseo polo pobo. Queriamos divisar as vistas  de Ennistymon que se poden obter dende un outeiro que hai moi preto da rúa principal do pobo. O malo é que para poder disfrutar da panorámica, hai que atravesar o cemiterio. Así que, atraídos polas ruínas da antiga capela, camiñamos ata o lugar. E aínda que o sitio non é o máis agradable da vila, o certo é que o derrumbe do edificio conserva moito encanto. E non poidemos evitar sacar fotos subidos ás súas fiestras, sempre tentando respetar ó máximo o lugar no que nos atopabamos.

grupo-en-el-cementerio os-rapaces-e-ennistymon-ao-fondo

E despois desta visita, pillounos a choiva así que como ainda tiñamos algo de tempo libre, non nos quedou outra que refuxiarnos nunha agradable cafetería a tomar algo quentiño.

collendo-forzas-na-creperia tomando-algo-antes-das-actividades

Á hora das actividades, acudimos ó North West Clare Family Resource Centre, onde nos esperaba unha tarde de ocio entre partidas de consola, billar e pin-pon.

Sábado excursión… Cliffs of Moher e Bunratty Castle! Qué nervios!  Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

ENNISTYMON 24/09 – Sábado en Lahinch facendo Scuba Diving

Bos días queridas familias viguesas!

Onte foi día de excursión. Tocounos ir a Lahinch, unha vila costeira próxima a Ennistymon. Unha localidade que multiplica a súa poboación durante os períodos estivais debido en parte á condición de súas praias para facer surf.

Alí puidemos coñecer á alcaldesa de Ennis e facernos un par de fotos con ela, entregándolle ademáis os regalos que lle levabamos en representación da alcaldía de Vigo.

foto-coa-alcaldesa

Posteriormente, a actividade que estaba prevista para desfrutar do sábado, non era outra que practicar “Scuba Diving”. E igual vos estades a preguntar que é iso. Pois non é máis que submarinismo. Os rapaces acudiron a unha piscina (na que podían dar pé perfectamente) onde divididos en dous grupos, puideron aprender as nocións básicas desta actividade acuática. Sempre baixo a supervisión de catro monitores que estiveron pendentes deles durante toda a sesión.

En canto saíron de bucear, acudimos a unha das tendas máis famosas da zona (Kenny’s) para comprar souvenirs e regalos para as familias. E de paso, sacamos fotos no paseo marítimo e  no “trono” de ferro con forma de corazón. Calquera cousiña nos vale para entreternos!

bandeira-o-canto

con-ola-no-paseo-maritimo-de-lahinch

Ao que todos tiveron acabado a clase, o persoal da Dive Academy (que ademais son a host family de Pablo), tiñan preparados para nós unha serie de videos destinados a comprender mellor e consolidar os coñecementos adquiridos pola mañá. Logo diso, entregáronnos os nosos diplomas de iniciación no buceo e invitáronnos a un pequeno piscolabis. Como nos sobrou unha media hora, ofrecéronnos a posibilidade de facer unha “disco” improvisada, apagando as luces e poñendo a música a tope. E que ben o pasamos! O certo é que se desviviron por nós e intentaron facernos o día moi agradable.

entrega-de-diplomas

entrega-de-diplomas2

E xa entrada a tarde, as familias recolléronnos para levarnos á casa. Hoxe é domingo, e os rapaces teñen o día para estar con eles e para descansar da voráxine semanal!

Ata mañá, entón!

Un saúdo de Antonio, Paloma e Eva.

ENNISTYMON 23/09 – Pool/Snooker e Table Tennis

Bos dias dende o condado de Clare!

Aquí volvemos a estar para poñervos ó día do que está acontecendo por estes lares.

O venres foi unha xornada diferente ó resto. É  o único día da semana no que os rapaces poden sair antes das clases e nunha das escolas, ata poden desfrutar da oportunidade de levar súa propia roupa e liberarse do uniforme.

Así que con iso de sair cedo da escola, poidemos aproveitar un anaco de tempo para visitar o pobo. Ennistymon é pequeno. Ten únicamente unha ou dúas rúas principais. Pero non queriamos desaproveitar o tempo por pequeno que fora. Primeiro, paramos para tomar o lunch, e a continuación tomamos uns dez minutos para comprar nun supermercado local. Seguidamente, dirixímonos á beira do río para tomar fotos das cascadas de Ennistymon. Unha  pena que a presa estea en obras. De todas maneiras, iso non foi impedimento para facer foto grupal e “selfies” varias.

frente-as-cascadas

Seguindo a beira do río, demos un paseo ata que xa se achegaba a hora das actividades. Tivemos a sorte de ver na nosa ruta, a unha familia de burros (supoñemos que o eran aínda que eles non quixeron confirmalo) que pacían tranquilamente na súa finca. Algúns démoslles de comer, e outros só se adicaron a chamalos e a facerlles fotos. Se é que con pouco, somos felices!!!.

dandolle-de-comer-os-burros

Cando finalizou o paseo, dirixímonos a un centro social local onde nos prepararon unha serie de xogos para o noso desfrute: billar, videoconsolas e pin-pon. Todos participaron e competiron entre eles. E supoñemos que houbo piques e ambición por gañar. Pero o importante, é que seguimos sendo amigos despois de todo!!! Deixámosvos unhas fotografías para atestiguar o momento.

tabletennis partida-de-consola partidin%cc%83a-de-billar pero-a-ver-vale-ou-non-vale-ese-tiro_

Mentres tanto, despedímonos ata novos posts!

Unha aperta do Ennistymon team!

ENNISTYMON 22/09 – Irish Music

Bos días!

Aquí estamos un día máis para contarvos todas as novidades da nosa estancia no estranxeiro. Os rapaces están empezando a estas alturas a adaptarse ó día a día do programa. Pola mañá, son as súas familias as que os achegan na escola. Ás catro menos cuarto saen  das clases e dirixímonos camiñando ó lugar onde se realizan as actividades. Ó finalizar, as súas familias recóllenos para levalos á casa. Pouco a pouco van facendo amigos na escola e integrándose coma un máis. Iso significa atender nas clases ou incluso facer exames!!. E así, pouco a pouco, vai pasando a primeira semana.

Onte tocou actividade de música. Pero foi unha sesión distinta á anterior. O monitor non era outro que Ronan, un alumno da C.B.S que acompañado dunha guitarra, ensinou ós rapaces a letra de tres cancións  que deben aprender para o Show que se celebrará o día da despedida nun dos centros socioculturais de Ennistymon. Ronan, deixou impresionados a rapaces e monitores con súa voz e habilidades musicais. O próximo mércores será de novo o noso monitor e penso que xa están desexando repetir. music-class3 ronan-demostrando-seu-talento music-class

espejo-espejito-hay-alguien-mas-guapo-que-yo_

risitas-nerviosas-en-irish-music

Hoxe por ser venres, os tres grupos saen antes da escola. E terán un anaco de tempo libre antes das actividades para descubrir Ennistymon. Despois acudiremos ó North West Clare Family Resource Centre, que é onde acuden os rapaces da vila os venres pola tarde a disfrutar de tempo de esparcemento. Alí poderemos unirnos a eles, coñecernos e mezclarnos mentres disfrutamos das instalacións destinadas ó ocio (billar, pin pon, etc…).

Mañá xa é fin de semana. Seguimos informando.

Unha aperta do Ennistymon Team!

19 de setembro. Día 1 en Ennistymon

Bos días dende o condado de Clare!

Onte foi un día longo. Dende as once da mañá, os rapaces comezaron a chegar ó aeroporto para sair destino Madrid tras a breve visita de Abel Caballero (alcalde da cidade de Vigo), que desatou a locura das “selfies”… Todos os rapaces querían ser protagonistas do momento. Tras a facturación, e o posterior embarque chegamos a Madrid sen retrasos e incidencias. Alí tivemos que facer unha brevísima escala na que non nos dou nin tempo a respirar con tranquilidade. Pese a ser sobre 104 persoas viaxando ao mesmo destino, todo fluiu con normalidade, incluso á nosa chegada a Dublín onde non tivemos que esperar apenas polas maletas.

img_20160919_125301

Ó sair da área de recollida de equipaxe, estaba agardándonos cun carteliño a nosa organización local, que nos levou ao autobús no que pasamos máis de tres longas horas para chegar a destino. Nembargantes, a anécdota do día estaba servida. A medio camiño, a organización tiña preparado un lugar para parar a repoñer enerxías. Unha área de servicio en honra a Barack Obama. Sí. ESE Barack Obama… the one and only United States of America’s President. Ao parecer, os seus ancestros pertencen á zona na que se construiu este local e por ese mesmo motivo, leva o seu nome. O  colofón pono o merchandising adicado a él  (e a outros presidentes) que se pode comprar nas tendas que compoñen o establecemento.

img_20160919_180236

 img_20160919_203052 img_20160919_204935

Os rapaces aproveitaron para cear e refrescarse, que xa facía falla. E despois de media hora de pausa, tocou novamente retomar o noso camiño a Ennistymon, onde xa os estaban esperando as súas host families cun carteliño co seu nome. O recibimento foi efusivo e raudo, algo así como “a fume de carozo”. E en dez minutos  todos estaban camiño de súas casas  para estas tres semanas.

Hoxe está previsto que abandoen a escola ás 15:45 e a actividade prevista é o Basket.

Xa vos iremos contando qué se coce!

Saudiños do Ennistymon Team!

Dia Un de Xullo. Ceremonia final e Piscina

Bos dias!

Apuramos estas ultimas horas polos dominios de Greater London e aproveitamos para despedirnos dos buddies antes de marchar.

O venres, entre a Kingston Study Centre e a Christ’s School, organizaronnos unha pequena ceremonia de despedida durante a “tutor time”, cando acudiron os nosos rapaces e rapazas con seus respectivos amigos ingleses. A cada un dos participantes do grupo, entregouselle un diploma  e animouselle a dicir unhas palabras de agradecemento o estudiante que lle foi asignado a principio do programa….e viceversa!. A moitos costoulles iso de sair a falar en publico pero o final reconheceron que non era para tanto. Se e que por moito que vaiamos de duros, nunca senta mal escoitar cousas boas dun! Ademais, e de mencion, que Azul e Diego foron os encargados de pronunciar un discurso final bastante emotivo que nos encolleu a todos un pouco. Son un grupo riquinhirrrrmo.

Ceremonia cos buddies (37)

Pola tarde tocou piscina. Os rapaces aproveitaron para xogar un partido de waterpolo improvisado. Outros preferiron charlar en grupos ou nadar cos amigos. Aqui vos deixamos unha foto que representa a maneira de parar un autobus en version acuatica.

pidiendo un bus

As seis da tarde, saimos e Bob, aproveitou para organizar un breve quiz de preguntas sobre a materia impartida nas clases de ingles. Divididos en dous grupos segun o teacher das clases de ingles (Bob e Tamara Foron Iago e Bruno os ganhadores do premio (un libro) que lles entregou dedicado. Os rapaces colleronlle moito carinho a Bob e non dubidaron en despedilo facendo unha foto de rigor de grupo antes de marchar. 

Bob vs Tamara Final quiz

Despedindo o noso querido leader

E polo de agora nada mais…manhan volvemos! Xa deciamos por aqui que o tempo voa (voa pola arbolada, por Richmond, por ala e por acola)!. Ide preparando as potas para a cocinha que me parece que van con ganas de comida caseira!

Ata manhan familias!

Dia 29 de xunho. Tarde de cine

Onte tocou tarde de cine. O grupo dividiuse en duas peliculas. Por un lado “X-Men” e por outro, “The secret life of pets”. Houbo opinions para todolos gustos. Alguns falan de peliculon, outros que nin fu nin fa…O caso e pasar unha tarde entretida e “indoor” (a cuberto) que aqui o tempo esta tolo e revolto (reflexo dos tempos que corren).

Deixamosvos unhas fotos para que vexades como foi a xornada!Antes da pelicula Imos ao cine O grupo das _pets_ Parte do grupo _X-man_ Strike the pose Un saudo dende Richmond!

Dia 25 de Xunho. Dia en Londres

Bos dias!

Un dia mais, estamos aqui para contarvos todalas novidades que van ocorrendo en Richmond. O sabado foi un dia de excursion a Londres. Tocou dia cultural. Os rapaces visitaron no Museo de Historia Natural (Natural History Museum), o Victoria and Albert Museum , Hide Park e Baker Street (conhecida por ser onde vivia o famoso detective Sherlock Holmes).

Empezamos o dia no Natural History Museum, unhas enormes instalacions onde se poden atopar exposicions de todo tipo relacionadas coa evolucion da vida na terra. Dende grandes restos oseos de dinosaurios, a recursos interactivos relacionados coa xeoloxia (poidemos “disfrutar” dun simulador de terremoto), pasando pola evolucion da especie humana. Toda unha leccion de historia que nos soubo a pouco. A pesar de estar cansados, o grupo aproveitou o tempo o maximo para poder explorar cada unha das divisions do edificio. Quedounos moi pouco por ver!

Bob dando indicacions antes de entrar o NHM

TERREMOTO!Viaxe ao sol

O sair, fixemos unha pequena pausa para o almorzo antes de entrar no Victoria and Albert Museum…unha visita cultural distinta a anterior. Neste museo poden encontrarse pezas procedentes de distintos continentes, neste caso esculpidas por persoas de carne e oso e non pola natureza. Moitas das obras que se poden contemplar, son reproduccions das orixinais…pero ainda que sexa  unha copia, o David de Miguel Angel impresiona este onde este. Tamen poidemos sacar tempo para botar un ollo na seccion adicada a historia da moda: vestidos, zapatos e complementos de todalas epocas! Just delightful!

Pausa para lunch Lunch Cargando baterias antes do Victoria and Albert Museum

Para case rematar o dia, acudimos a Hyde Park…habia que descansar un anaco tumbados no cesped ou botando un ollo as barcas. E dicimos botar un ollo porque as doce libras que habia que abonar por pedalear unha hora, botaronnos para atras!

Logo desa, fixemos unha paradinha para ver por fora a casa de Sherlock Holmes no 221b de Baker St. E coa mesma, volvimos para Waterloo Station a coller un tren de volta a Kingston. Foi un dia do mais completo!

Onte foi dia libre coas familias…e hoxe toca bowling! A ver quen ganha!

Un saudo das monitoras Andrea e Eva!