Día 17: Crazy Olimpics en St Neots

Boa noite familias!

Podemos dicir que, oficialmente, superamos a onda de calor e, a pesar de que hoxe tamén fixo calor, nada que ver cos días anteriores.

Reencontrámonos pola mañá na academia o grupo ao completo e tivemos as clases no horario habitual.

Queda pouco xa para as presentacións finais e os traballos comezan a tomar forma. O punto de partida é crear unha idea de negocio dun bar ou cafetería para St Neots, buscando aqueles nichos de mercado non cubertos pola oferta hosteleira actual.

Un dos grupos traballando na súa presentación

Xa pola tarde, volvemos á normalidade coas actividades programadas para a segunda parte do día e, así, hoxe tocaba Crazy Olimpics en Riverside Park.

Primeiro, dividímonos en catro equipos, cada un deles representando a un país. Así, fixemos unhas olimpíadas nas que os equipos competiron en diferentes disciplinas deportivas como tirar da corda ou carreira de sacos, para rematar cunha proba decisiva final dunha carreira de relevos.

Xogando a tirar da corda

Escoitando as indicacións do Activity Leader

Parte dunha das probas de equilibrio

Preparados para a carreira de sacos

Volvemos mañá con máis novas dende St Neots.

Javi e Ana.

avatar

Ana Doforno Nóvoa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *