Colchester (día 0): Let’s start the travel!

Bo día, familias!

Onte foi un día ben intenso que comezou con apertas, despedidas e no que tivemos ata turbulencias (nos dous voos, somos así de «afortunados»). É que, como vemos nestas fotos, as cousas non sempre saen ben á primeira.

Xa a cousa comezou co noso primeiro voo atrasado e con moitas présas para coller a escala de Barcelona. O control de pasaportes automático tamén nos fixo unha faena a min e a Elisabeth, xa que non nos recoñecía, e iso que tampouco dábamos tan mal en cámara… Vaites, cousas desta tecnoloxía enmeigada! Así que tivemos que dirixirnos ao mostrador pola vía tradicional, practicar un chisco inglés e proba superada.

Para continuar esta aventura, con todas as présas que tivemos que darnos antes, para logo esperar máis da conta en Londres polo noso bus destino Colchester. Xa vos adiantamos que os rapaces son uns expertos no aeroporto de Gatwick e, ademais, que tamén saben sacar proveito da espera cunha partidiña de cartas (hai cousas que nunca cambian).

Unha vez que, por fin, chegamos a Colchester (ole!), as nosas respectivas familias foron recollernos ao campus da Universidade de Essex, onde as vosas fillas e fillos van ter as clases de inglés.

To be continued…

 

avatar

Joaquín García Domínguez

2 pensamientos en “Colchester (día 0): Let’s start the travel!

  1. Gracias por la implicación, esfuerzo y dedicación que aportáis a esta maravillosa aventura para estos chicos y chicas ya que esta experiencia es única y muy enriquecedora para todos/as. Ojalá la ofertarán en otros ayuntamientos . Gracias por tenernos informadas a las familias del itinerario. Disfrútenlo mucho. Saludos

    • Grazas polo teu comentario, Maite. Pola nosa banda facemos todo o posible para que sexa así. Saúdos desde Colchester!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *