Bo día, xa desde o noso Vigo.
Onte espertamos moi cedo para coller o bus ás 7 da mañá desde Colchester ao aeroporto de Gatwick, despedirnos das host families e da «organización»; aínda que logo saísemos máis tarde «grazas» ao packed breakfast do college.
O importante e que non houbo tráfico de máis e chegamos ben a Londres. Despois de pasar o estrés da facturación (algunhas tiveron moooita sorte co peso extra) e do control de seguridade, tivemos tempo para «respirar» e facer unhas últimas compras ou xantar algo (e outros ata tiveron tempo para que lles deran unha masaxe capilar haha, non si, Pablo e Dani?).

Lola, nunha cadeira tamaño XXL no aeroporto de Gatwick
No aeroporto atopámonos cos outros grupos de PILI Vigo que xa viñeran connosco á ida, os grupos de Docklands e de Swansea. Embarcamos con atraso, pero sen ningunha complicación no voo (Elisabeth non cumpriu os seus vaticinios «meiguiles» e tivemos un voo tranquilo) para chegarmos ao aeroporto de El Prat.
Aquí a cousa tamén estivo tranquila, agás que polas malas indicacións do aeroporto non sabemos como fixemos e ao final tivemos que volver a pasar o control de seguridade, cousas que pasan. Algo de tempo libre, algúns estiveron xogando a «El pueblo duerme» e segundo voo, esta vez case en hora.

Lola, Uxía, Carlota, Diego, Elisabeth e Lara na cola do embarque
Deixámosvos por aquí tamén algunhas das fotos en pleno voo, últimos momentos de estar todos xuntos.

Saída de Barcelona

Alba, Antía e Anxo compartiron fila

Antía «a nosa princesa» ata no último intre

Chegada a Galicia calidade
E chegou o momento final, con recollida de maletas incluída, que parecía aquelo un xogo porque ían saíndo por contagotas nas distintas cintas de equipaxe. Iso si, quedounos por facer a foto final de todos á chegada, pero entre tanta lea, despedidas e apertas nin nos deu tempo.

E chegou o final desta aventura
Pola nosa banda, Cris (Criso) e Joaquín, esperamos que este blog achegase un pouco as vivencias da vosa rapazada por aqueles lares. E, por último, rapazas e rapaces, queremos dicirvos que foi un pracer compartir esta experiencia convosco, sodes un grupo majísimo, non puidemos estar máis contentos de tervos con nós e nunca vos esqueceremos. Agardamos que ademais de (algo de) inglés, e de non botar de menos a comida da cantina, aproveitarades esta adaptación cultural e persoal e que vos quede para sempre como unha grande experiencia e un bonito recordo. Moitas grazas por todo!
Ata sempre!
Joaquín e Cris