CASTLEDERMOT – 6 Outubro – Dunmore Caves + Kilkenny

Domingo, un día marabilloso para quedar na cama. Pero non estando no PILI hai que aproveitar. Viaxar.

Pola maná fomos ás covas de Dunmore. Espectacular o que pode ofrecer a natureza. Comezamos a ver un vídeo explicativo (do cal vemos cómo se orixina esta cavidade ao longo de miles de anos), para continuar cunha visita guiada.

Non é o mesmo adentrarse na cova sen coñecer as súas dimensións, que unha vez vista poder describila. Pero primeiro para facervos unha idea é subterránea, estando o punto mais baixo a 60 metros. Para o cal temos que baixar moitos moitos pasos. Ver tanto ás paredes como ao teito é espectacular, os diferentes espazos que vimos danos a dimensión dá cova. E ver polos nosos ollos a completa oscuridade, negro absoluto é fantástico.

A única pega é que a temperatura como era de esperar non foi agradable. Pero o horroroso é a humidade, especialmente aquela que se filtra polos chan conxelando a algunha de nós os pés.

Ao remate dirixímonos a Kilkenny.

O castelo de Kilkenny e o seu xardín, Rose garden, foi o primeiro que visitamos antes de disfrutar do tempo libre. Kilkenny é un lugar fantástico, o suficientemente grande como para disfrutar dela durante horas, rúas acolledoras, río, cafés e tendas.

Sen embargo tamén nos deu tempo a relaxarnos e falar das nosas cousas na zona verde do castelo antes do regreso a Castledermot.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *