CASTLEDERMOT – 3 Outubro – Nathalie’s Birthday

Non nos aburridos en Colaiste Lorcain. Un día patido de baloncesto, outro misa, pois hoxe rugby. Partido televisado do mundial de rugby entre Irlanda e Rusia, 35-0. E nos encantados aunque non teñamos nin idea de como se xoga. Esperamos que o ‘Sports day’ se celebre antes do noso regreso a casa, o cal suspendeuse o venres pasado pola choiva. Tamén é certo chover non choveu, que vimos de Galícia e non nos asusta catro pingueiras.

A metade do descanso da comida entrou Marcos cunha tarta de cumpleanos e as súas 15 velas correspondentes, 15 anos. E como non, cantámoslle o Happy BirthdayNathalie en perfecto castelán. Iso sí, cando lle pedimos que pedise un desexo de cumpleanos, por pouco nolo conta, shhhh cala, que senón non se fai realidade.

Como non hai fotos (pero si vídeo), temos que mostrar ás sobras, ou dito doutra maneira a vergoña do galego.

Pola tarde conseguimos un aula para ver unha peli, Marcos cunhas muffins, e a peli “Frozen”. Ata ahí todo perfecto. Pois non. A calidade de Frozen era mala e tivemos que ver outra, “Hope Springs Eternal“. Non terminou aquí a cousa, cando xa levábamos unha hora de peli, a pantalla quedouse branca, a pesar de que o son seguise. Polo cal tivemos que rematar de ver os 20 minutos finais nun perfecto castelán de sudamérica.

Non quedou ahi a cousa, unha de nós ao sentarse despois de voltar do toilet caeuse da silla, tanto ela é algunha de nós rachamos de risa.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *