CASTLEDERMOT – 26 Setembro – Fútbol gaélico e basket

Hoxe as de 5year tócanos educacion física, é por iso e porque pola tarde tócanos fútbol gaélico que todas vimos con chandal.

Iso sí atopámonos cá grata sorpresa que escaqueamos a mitade de E.F., por motivo que houbo encontro de baloncesto entre o equipo dá escola contra outro de afora, gañamos por 39 puntos, que malleira. Aunque algúnha estabamos máis atenta a algún xogador que ao partido, cousas nosas.

En clase de E.F. tocounos xogar a baloncesto, bueno a Antía non, que non lle gusta, pero con iso de que houbo partido quedouse Marcos e deu toques de balón (fútbol) con Antía e algunha máis.

Bueno  dicir que Uxía non tiña claro que facer cá pelota, ver como colle un rebote ofensivo debaixo da canasta onde ten que encestar, estar soa e avanzar en sentido oposto en vez de encestar non ten valor.

Xa pola tarde fomos ao campo de rugby que hai aquí no centro. Para dar os nosos primeiros pasos no fútbol gaélico. Para os que non conezades este deporte é típico irlandés, e está en auxe en Galicia, de feito hai unha liga galega con 7 equipos femininos, entre elas o Keltoi Vigo. Pero máis importante é mencionar ca nosa selección galega participou no campionato do mundo este verán sendo as europeas mellor clasificadas, terceiras.

Cousas básicas deste deporte son: A puntuación, gol en portería vale 3 puntos, meter a pelota entre paus, 1 punto; os pases con golpeo da pelota dende a man, e có pé (saltando a pelota dende a man); se a pelota esta no chan non se pede collela cá man, hai que levantala có pé antes; e para avanzar cá pelota cada catro pasos hai que facer un solo (golpear a pelota có pé) e/ou un bote no chan.

A verdade para ser a primeira vez non estivo mal, sin ser porque non temos punteira, polo menos corremos, como galiñas sen cabeza.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *