CASTLEDERMOT – 24 Setembro – “¿Tenemos que llevar chandal?”

Como estás?, Que tal coa túa familia?, A túa habitación como é?, Entendes a túa  familia cándo che falan? Estas e outras preguntas son as que  nós facemos á chegada ao noso novo centro “Colaiste Lorcain”. As sensacións son positivas, bueno, tampouco tanto, temos vergoña para comunicarnos e necesitamos aínda uns días  para lanzáronos e talk in English with them.

Á primeira hora veu o director a recibirnos, e a continuación veu Nicky, o CEO da empresa irlandesa que xestiona a nosa instancia aquí. Veu a falarnos para darnos uns consellos e normas do centro e Irlanda, como somos responsables vamos a facer todo ben. Ao finalizar voltou o director para darnos o horario do día de hoxe, onde puidemos escoller as opcionaias. Bueno dividironos previamente por idades 2nd year (14 anos) e 5th year (15anos).

Todo isto na aula de reunións para @s nais e pais. Non hai mellor aula que nos poidesen asignar, e non o décimos por nós, senón por Marcos. A volta de cada clase, íamos a esa aula, a romperlle a cabeza, todas falandolle á vez. Claro cómo é o único adulto que nos entende, bueno… cando non se lle dá por facer que só entende inglés.

E na hora da comida, qué? Marcos imos fóra a comer para socializar c@s de aquí. -A todo isto que aínda non volo dixemos o centro é mixto, hai rapaces.- A Marcos se lle iluminaron os ollos, debeu pensar en tranquilidade, pois nin dous minutos e xa estabamos alí as 13 de volta con el, e falando polos cóbados nin no mercado do Berbés ou Calvario había tanto rum rum.

Xa nos esquezíamos, “Tenemos que llevar el chandal?” Está foi a pregunta que máis veces fixemos no grupo pola tarde, para saber se ao día seguinte había que levar chandal ao centro, se creasemos un Hashtag da pregunta sería número 1 en Castledermot. 

To be continúe… / Continuará

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *