CASTLEDERMOT – 11 Outubro – O corazón doe

Hoxe levantámos sabendo que é o último día de clase.

Aquí as últimas imáxenes. E algúns dos traballos que fixemos ao largo destas semanas.

Así mesmo tivemos unha mini ceremonia de entrega de certificados, onde antes de nada Susana foi a encargada de entregar unha bolsa regalo do Concello de Vigo cun libro da cidade, asinada tamén por nos. A continuación o director Mr. Gaughran tivo unhas palabras amables hacia nós e tamén foi capaz de sacarnos unha sorrisa. Tomando o relevo Nicky, o responsable da empresa irlandesa que xestiona a nosa estancia aquí. Agradeceunos o noso comportamento modélico, para pasar a entrega dos certificados. O cal mais cá animarnos sentounos como unha carta de despido nun traballo que nos gustaría seguir realizando, deixando os nosos corazóns feridos.

Como cada venres as clases acaban ás 1.20pm, hoxe tíñamos excursión a Kilkenny, para o cal tíñamos que collelo autobús axiña. Pero hoxe non era o mellor día para apresurar, ás despedidas son duras e retéñenos.

Sen embargo o autobús que puxeron a nosa disposición foi pequeno para ir xuntas cás alumnas de Carlow. E por iso que tivemos que esperar un rato por un autobús mais grande. Sen embargo pasamos unha tarde agradable en Kilkenny, mais compras e mais chocolates e xeados.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *