CASTLEDERMOT – 30 Setembro – Carlow

Qué gozada poder botar unha hora mais na cama, aunque só sexa ver para o teito.

Ás 10 ao chegar ao meeting point (punto de encontro) atopámonos con dous minibuses para Carlow para nós. Estaba claro que houbo unha equivocación e fixeran unha doble reserva. Lóxicamente fomos nun só.

Cal era o plan para hoxe en Carlow? Non había plan, soamente tiña que ser un plan acordado por todas.

Primeiro visita ao centro comercial, onde algunhas fixemos as primeiras compras, e onde aproveitamos para comer, antes da seguinte actividade.

Como non era de esperar a seguinte actividade era ir de compras ao Penneys, por terceiro día consecutivo. Por decir a verdade Marcos plantexase falar con Newlink para que fagan un escrito solicitando a Primark que abran unha tenda en Vigo asinado por  900 adolescentes, e que o noso alcalde nos apoie. Pero despois lle entran as dúbidas, e que vai a ser de nós @s monitores/as, se o Primark é como un parque infantil onde telos controlados e atopalos a tódalas horas. Pero danos igual queremos un Primark en Vigo xa!

A estrela do día foi Ania, a súa primeira vez nun Primark/Penneys. E tampouco resistiu comprar un fantástico paraugas por tan só 5€, mais ca nada porque chove en Irlanda, xa foi moita sorte estés días que non nos choveu.

Xa fóra do Penneys Manuela adquiriu o último disco de Lana del Rey “Norman f****** Rockwell” por un bo prezo.

O seguinte plan foi ir a bolera, aunque non todas tíñamos ganas, bueno mais ben é que o Penneys déixounos en números vermellos. Pero o problema real foi que a bolera quedaba a media hora a pé e estaba a chover (e lóxicamente había que voltar para collelo bús ás 5. Así que despois de varios minutos houbo que chegar a un non acordo de que quedaban no centro comercial e ían a bolera Ania, as Lucías, Pilar e Susana.

Na bolera chegamos algunhas mais outras e outras menos molladiñas e có obxetivo de xogar ás pistolas láser. Un 3 contra 2, pasámolo xenial nin conta da música nos demos. Estaba visto que Ania ía sacar a mellor puntuación.

E para rematar ao saír Pilar levou un susto, que lle desaparecera a carteira, menos mal que estabámos sóas. Despois de tanto buscar entre todas, deixaraa enriba da mesa do billar. ‘A cebeza non para amiguiña’.

E veña lume de carozo a recollelas demáis, e a collelo autobús de volta a Casteldermot.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *