CASTELDERMOT – 28 Septembro – Bicycle & Waterford

Ao fin chega o día. EXCURSIÓN.

Greenway + Waterford city.

Tachán resulta que Greenway é unha ruta en bicicleta, pois a verdade non sabemos cómo dicilo bonito, pero NON, aquí somos unhas inadaptadas que non sabemos montar en bicicleta. Así que sete de trece fómonos a Dungarvon, destino final da ruta. Fomos en autobús con Marian a outra monitora de Carlow, e pasámolo xenial, mellor cás das bicis jejeje. Vimos a poboación, cafeta, etc…

As que fixemos a ruta fixémola co grupo de Carlow, Roberto (monitor de Carlow), Marcos e Víctoria, a activity leader. A ruta consistía en pouco mais de vinte kilómetros, cunha parada para o almorzo. Excedémonooooooooooooos en tempo, chegamos tarde e pagámola con pouco tempo libre en Waterford.

Pero voltando á ruta, pasámolo ben, recordamos en cómo se montaba en bici, nós non caímos, ás de Carlow sí, ei, tranquilidade… están todas ben, bueno non peor do que xa viñan.

Despois do almorzo parece que a comida nos deu mais enerxía, e que fixemos a segunda parte con mais alegría, que non veloces. Eh, non confundir o touciño cá velocidade. Algunhas vistas da costa moi chulas.

Como xa o dixemos, chegamos tarde a Waterford e pouco tempo estivemos nela, xa que tivemos que collelo bus de volta para estar á nosa hora na casa. Unhas compras rápidas, por exemplo, catro paquetes de pañuelos a 1€, e o tempo irlandés que fai que a metade esteamos acatarradas.

Así que ducha quente, cea, Ibuprofeno, e pa’ cama, que chove. E non deamos queixa que comezou ao rato de chegar a Dungarvon, polo cal non caiu nin gota enriba nosa na ruta en bicicleta.

avatar

Marcos Villaverde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *