BIDEFORD 22/09 – Welcome to Bideford!

Ola a todos!

Por fin chegamos ao noso destino, por fin en Bideford! O día de hoxe, 22 de setembro, estivo cargado de emoción, novas experiencias e, por que non dicilo, tamén algo de nervios… A partir de hoxe, iremos compartindo convosco as nosas andanzas por estas terras estranxeiras.

bideford

Equipados cos nosos suadoiros vermellos de Vigo en Inglés, emprendemos unha viaxe de algo máis de 2000km, que incluíron dous avións e varias horas en autobús, para coñecer ás que serán as nosas familias anfitrionas durante as próximas tres semanas.

bideford-2

Era xa de noite cando nolas presentaron e estabamos agotados tras un día tan longo, pero o certo é que a primeira impresión foi moi positiva.En canto ao tempo, facía algo de frío, pero nin rastro de choiva. Parece que imos estar moi cómodosno destino que nos asignaron. Agora o que necesitamos é descansar e cargar as pilas para mañá. Temos moitísima curiosidade por chegar ao instituto, o Bideford College (fai clic no nome para acceder á páxina do centro) e estamos ansiosos por coñecerquen serán os nosos buddies. Terán a nosa idade? Caerémonos ben? Non cabe dúbida de que faremos o que estea na nosa mán para que todo funcione.

Deica mañá!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *