BIDEFORD 06/10 – Fish’n’Chips and Games Evening!

Ola a todos, familias!

Este xoves foi un da moi especial, diría incluso que foi un dos máis completos. Aínda que,  pensándoo mellor, para ser sinceros, é complicadísimo elexir só un bo día tendo en conta a gran cantidade de actividades e excursións que facemos, moitas máis ca noutros destinos… Pensemos en Exmouth, Exeter, Appledore, Instow, Barnstaple, Bideford, Atlantic Village e en Ilfracombe, a onde iremos o próximo sábado. Ademais, non esquezamos o parque de atraccións da Big Sheep, os karts, o minigolf, o Cream Tea, o Laser Tag, o karaoke, os recreativos, a praia, o tempo libro en distintas cidades… Por iso, vou rectificar a primeira frase para afirmar que o día de hoxe, xoves, continúa na liña de días redondos que conforman esta experiencia de inmersión cultural e lingüística!

Coma sempre, a xornada comezou asistindo a clases desde as 9:00 ata as 12:20. Socioloxía, historia, xeografía, inglés, español, triple ciencia, cociña, cambios de clase, recreo cos nosos compañeiros. O bo das clases de español é que nos ofrecen unha oportunidade única para devolverlle o favor aos nosos buddies. Eles axúdannos a integrarnos no instituto e nesa clase nós podemos axudalos a mellorar as súas notas, corrixindo redaccións, axudándoos coa pronunciacián, etc.

O xantar de hoxe foi diferente. En lugar de comer packed lunch, as monitoras leváronnos a un local de Fish and Chips! Para os que non o sepan, trátase dun prato tradicional nas islas Británicas que consiste en filetes de pescado rebozados nunha mestura de ingredientes específicos, acompañados con patacas fritas. Xeralmente, os ingleses bótanlle vinagre de malta ás patacas, pero nós preferimos a maionesa e o kepchup de toda a vida…

06-oct-fish-and-chips

Tras este menú suculento, fomos a Barnstaple para gozar dunhas horas de tempo libre. Pero antes, participamos nun concurso que nos propuxeron as monitoras. Fixemos unha cadea de favores. Comezamos todos cun bolígrafo e o obxectivo do xogo consistía en falar coa xente que atoparamos pola rúa para intercambiar o noso bolígrafo por algún outro obxecto. Os vencedores serían aqueles que conseguisen o obxecto de maior valor. A verdade é que todos nos implicamos moito coa dinámica e conseguimos resultados sorprendentes. Aquí podedes ver algunhas fotos que proban tque hai xente amable en todas partes:

 06-oct-cadena-de-favores-2_opt06-oct-cadena-de-favores-3

Fomos cear á casa, coas nosas familias, e ás 19:30 quedamos no Fremington Parish Hall. Tamén asistiron algúns dos nosos buddies! Aí comezaba a noite de xogos, a segunda Games Evening! Por segunda vez, xogamos, corremos, competimos e pasámolo ben. Aquí vos deixo algunhas das fotos que se sacaron durante a velada:

06-oct-games-evening-finalistas

Os finalistas do xogo das sillas musicais

06-oct-games-evening-1606-oct-games-evening-1

E o broche para un día como hoxe non podía ser outro ca unha sorpresa para as dúas compañeiras que estarán de aniversario durante a estancia en Bideford. Moitísimas felicidades, Nerea e Carla! Esperamos que gozarades da sorpresa e dos vosos días especiais. Todos comemos brownie de chocolate e uns pasteis que preparou unha das familias. Nesta foto podémolas ver cos seus cupcakes de chocolate e unhas postais firmadas por todos que servirán de souvenir da experiencia.
06-oct-games-evening-sorpresa-cumpleaneras

Outro día máis que remata e unha conta atrás que comeza. Só queda unha semana, xa que o próximo xoves poremos rumbo á casa!

Unha aperta, familias!

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *