BIDEFORD 07/10 – Appledore Crafts Cafe!

Ola de novo, familias!

Venres, día de creatividade e manualidades na vila costeira de Appledore. Esta tarde, tralo xantar, collemos un bus ata Appledore, que está verdadeiramente preto de Bideford. Alí, camiñamos ata un Crafts Cafe, a cafetería dunha organización sen ánimo de lucro, que destina os cartos recaudados coa súa actividade a realizar donacións a distintas causas.img_20161007_141312_opt

É fermoso poder formar parte dunha actividade tan útil para a sociedade. Neste lugar, ademais de ter unha tenda de artigos de segunda man, hai unha cafetería e un obradoiro para realizar manualidades, como pintar e adornar figuras de cerámica. Isto último é o que fixemos nós. Pintamos as figuras que nós mesmos escollemos e que, probablemente regalaremos ás familias anfitrionas como agradecemento polo ben que nos están tratando. Ademais, non andamos moi sobrados de espazo nas maletas… 🙂

Ata o martes non veremos o resultado das nosas obras de arte, porque lles van dar unha capa de verniz e vannas pasar polo forno. Prometo actualizar esta información o próximo martes con fotografías do resultado final! Agora déixovos cunhas fotos de todos en pleno apoxeo de inspiración.

img_20161007_143724

img_20161007_143727

Despois desta actividade, tivemos tempo libre por esta fermosa vila mariñeira. Aínda que non ten moitas tendas, as súas rúas parecen tiradas directamente dun libro, polo que merece a pena dar un paseo por elas e intentar perderse, comer un xeado tradicional…

E así rematou o día de hoxe, mañá toca excursión a Ilfracombe. A ver que nos depara a viaxe. Xa vos contaremos o que nos parece!

Deica mañá!!

Podéis ver todas las fotos en la galería de imágenes de Newlink.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *